O unblack metal, tamén chamado black metal cristián, é un subxénero do heavy metal que segue o estilo do black metal pero no que os músicos promoven o cristianismo por medio das súas letras e a súa imaxinería. Os grupos deste xénero resultan controvertidos de cara aos afeccionados do black metal máis tradicional, debido á postura anti-cristiá dos grupos pioneiros do xénero. Os medios tamén teñen suxerido que o cristianismo contradí a natureza escura do black metal e os ideais individualistas e misantrópicos de moitos dos grupos dese xénero.

O comezo exacto deste estilo está en disputa. O grupo australiano Horde co seu álbum de 1994 titulado Hellig Usvart deu a coñecer o concepto deste estilo e o termo holy unblack metal de cara aos medio, mentres que o grupo noruegués Antestor adoptou o estilo black metal no seu álbum de 1994 Martyrium. Outros exemplos de grupos deste xénero son Crimson Moonlight, Admonish e Frosthardr.

Notas

Categoría:Subxéneros do heavy metal Categoría:Cristianismo