A aparición da filosofía occidental desenvólvese na antiga Grecia, hai 2.500 anos, e descríbese como "o paso do mito aos logos". Os mitos son narracións extraordinarias protagonizadas por seres divinos ou sobrenaturais, que se refiren a sucesos fantásticos ou lendarios, e non teñen só a función de satisfacer a curiosidade intelectual, senón que serven tamén para organizar e configurar as relacións persoais e sociais. Pola contra, os logos indican unha reflexión argumentada e razoada baseada na observación da natureza que non recorren a factores sobrenaturais para explicar a orixe e a estrutura do mundo, da sociedade ou dos seres humanos ("pensamento racional").

Non obstante, os mitos non posúen o valor de coñecemento válido no mesmo sentido que a razón, pero poden cumprir funcións importantes na filosofía. Por exemplo, Platón nas súas obras utilizaba os mitos (coñecidos logo como mitos platónicos, por exemplo o mito da caverna) para a argumentación lóxica dos temas filosóficos.

Época clásica da filosofía grega

A época de maior esplendor comprende os séculos -V e IV a. C., e os protagonistas principais foron Sócrates, Platón e Aristóteles. Sócrates buscaba o saber mediante o método de pregunta e resposta, un concepto ou unha definición das verdades e os valores que fose considerado universalmente válido. Platón seguiu as ensinanzas de Sócrates e realizou a primeira formulación racional e sistemática de conceptos tan básicos como os de ciencia, moral, beleza ou política. Defendeu a necesidade de establecer as condicións do saber científico como un saber seguro e indiscutible. Co fin de difundir estas doutrinas creou a primeira universidade da historia, a Academia de Atenas. Aristóteles foi discípulo de Platón e iniciador de moitas das nosas actuais ciencias (bioloxía, física, astronomía, lóxica, ética, política, etc.). Pero sobre todo destacou por descubrir a metafísica. Foi o encargado de educar o príncipe Alexandre e tamén fundou unha escola en Atenas coñecida como Liceo.

Antigüidade e Idade Media

Os gregos incorporaron como tarefa propia da filosofía a formulación racional fronte ao mítico-relixioso de cuestións pertencentes ao ámbito da filosofía práctica, como a da orixe e o destino do home, ou a da educación para conducirse rectamente na vida. Tras a morte de Platón e Aristóteles, a filosofía práctica adquiriu máis importancia ca a filosofía teórica e "filosofía" veu significar, sobre todo, un estilo de vida: a busca intelixente da felicidade persoal.

Durante a Idade Media, considerouse que a filosofía grega fora un produto insuperable da razón e non se aspiraba a cambiala, aínda que, debido á importancia de relixións como o cristianismo, o xudaísmo ou o islamismo, a filosofía serviu de instrumento para reforzar, xustificar e defender estas relixións.esquerda|miniatura|Retrato de Immanuel Kant, c. 1790. A filosofía moderna

A fusión do pensamento grego co monoteísmo xudeocristián durante a Idade Media consolidou as bases do que hoxe coñecemos como civilización occidental e fixo xurdir cuestións filosóficas moi importantes. Esta síntese sentou as bases para o desenvolvemento da escolástica medieval. A partir do Renacemento, a filosofía desenvolveuse independente dos intereses relixiosos. Este esforzo culminou na obra de René Descartes, iniciador da filosofía moderna, que intentou liberala da tradición medieval e da tradición grega. Un punto de partida radical accesible só mediante o exercicio individual, autónomo e crítico da propia razón.

Pero sobre todo foi Kant, na súa obra Crítica da razón pura, quen renovou a concepción da filosofía. A metafísica, entendida como saber sobre a totalidade do real, non é unha ciencia, e obrigou a que a filosofía se concibise como un conxunto de tarefas con pretensións máis modestas. Con todo, o desenvolvemento científico levou a explorar as preguntas éticas e epistemolóxicas suscitadas polos novos paradigmas, como a teoría da evolución, xerando a filosofía da evolución que discute temas como a natureza do cambio biolóxico e o seu papel na explicación da biodiversidade e complexidade da vida, ou dun xeito máis xeral, a filosofía da ciencia, que procura entender e analizar os fundamentos, métodos, e implicacións da ciencia, cuestionando como definimos o coñecemento científico e o seu impacto na sociedade.miniatura|Foto de Friedrich Nietzsche nunha edición da súa obra Also sprach Zarathustra. Ein Buch für Alle und Keinen. A filosofía hoxe

Un exercicio de crítica racional O máis característico da filosofía actual é que xa non existe un concepto unitario, entendido como un conxunto de respostas claras e xeralmente para as preguntas últimas: "quen somos?", "de onde vimos?", "que sentido ten a nosa vida?". Actualmente, a filosofía consiste en exercitar a acción de pensar de xeito racional, crítico e autónomo sobre toda forma de coñecemento e de acción humana

A filosofía non ten a misión de lle proporcionar ao ser humano respostas seguras, verdadeiras e definitivas, tal como fai a relixión. A filosofía é, máis ben, certo xeito de preguntar, unha interrogación continua e crítica sobre o que existe e os seus modos de ser. Con todo, a filosofía da relixión é unha disciplina filosófica que se centra en temas e conceptos centrais das tradicións relixiosas, desde as súas orixes na antigüidade clásica até a actualidade, cunha perspectiva contemporánea ou historicista e retrospectiva.

Un preguntar que non ten fin En filosofía, criticar non consiste en falar mal de algo ou de alguén, senón que é un xeito de pensar e de argumentar que busca mirar sempre por detrás das nosas certezas para tratar de sacar á luz os prexuízos e os intereses enmascarados tras un exame crítico dos problemas.

Na actualidade, a filosofía diríxese cara á clarificación das distorsións da linguaxe que obstaculizan o desenvolvemento e a comunicación do saber. Recórdanos que a visión do mundo e das cousas que ten todo ser humano ou toda a sociedade é limitada e revisable, e está sempre aberta aos avances no propio coñecemento ("atrévete a pensar").

As preguntas filosóficas son dunha amplitude e dunha profundidade que fan que non as poidamos responder nunca dunha vez por todas. Isto débese a que os seres humanos temos limitacións que non podemos superar.

As tarefas máis urxentes A principios do século XXI, a filosofía segue traballando aínda nos problemas filosóficos clásicos. Pero tamén xurdiron problemas novos nos que a filosofía ten un compromiso de reflexión moi importante e urxente: Crítica das inxustizas sociais, económicas e políticas, e axuda para repensar o noso modelo de desenvolvemento económico globalizado. Aceleración do avance actual das ciencias e da técnica. Colaboración con ciencias cognitivas como a neuroloxía, a neurolingüística ou a intelixencia artificial para esclarecer o funcionamento da mente humana e a relación entre o cerebro e a mente humana. Finalmente, reconsiderar a súa propia natureza e o papel que debe representar na cultura global do novo milenio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Filosofía. Bacharelato. Editorial Anaya, 2015. [978‐84‐678‐2821‐4] (en castelán)

Outros artigos Filosofía occidental Historia da filosofía

Ligazóns externas Darin McNabb. Crítica de la razón pura. Capítulo 1. Capítulo 2. Capítulo 3. Capítulo 4. Capítulo 5. Capítulo 6. Capítulo 7. Capítulo 8. Capítulo 9. Vídeos en Youtube.com (en castelán).

Categoría:Historia da filosofía