¡Forward, Russia! foi unha banda inglesa de música alternativa formada na cidade de Leeds, activa entre os anos 2004 e 2008 e refundada no 2013 para disolverse no 2014. O álbum de debut da banda, Give Me a Wall, foi gravado no 2006. Até o 2006, o grupo só titulaba os seus temas con números, seguindo a orde na que foron compostos. A banda usou en ocasións na tipografía do seu nome o chamado pseudocirílico, escribindo ¡FФЯWДЯD, RUSSIД!. Tivo unha paréntese na súa actividade despois de gravar o seu segundo álbum, Life Processes, en 2008, pero foi refundada para ofrecer un concerto o 30 de novembro de 2013 no Brudenell Social Club de Leeds, co gaio de celebrar o centenario do auditorio. Tras isto, decidiron continuar xuntos para preparar un novo concerto no Live at Leeds Festival, organizado polo concello de Leeds, que foi a súa derradeira actuación.
Traxectoria Formación e primeiros sinxelos ¡Forward, Russia! formouse a principios do 2004 por Tom Woodhead e Rob Canning, antigos membros da banda de Leeds The Black Helicopters, máis os irmáns Katie Nicholls e Sam Whiskas Nicholls, que estiveran entre outras na banda de Leeds les Flames!"Forward Russia! Hard working Yorkshire quartet", en Clash, do 3-7-2006, consultado o 25-11-2015 .Annan, Nick (2006) ""Forward Russia! ‘Weird’ and ‘amazing’" , artigos en Clash, do 6-7-2006, consultado o 25-11-2015 .. A banda deu o seu primeiro concerto en abril, continuando con demos que tiveron comentarios en importantes revistas musicais como Drowned in Sound e NME, que referiuse a eles como un "resplandor dun axitado punk-funk desde Leeds".
En abril de 2005, ¡Forward, Russia! gravou "Nine", un sinxelo de 7" compartido con This Et Al, realizado no selo habitual de Whiskas Dance To The RadioWilson, MacKenzie "Biografía de ¡Forward, Russia! en Allmusic, consultado o 25-11-2015 .Clarke, Betty (2006) "¡Forward, Russia!, Give Me a Wall", artigo publicado en The Guardian o 12-5-2006, consultado o 10-6-2012 .. Este sinxelo tivo unha recensión en NME, que incluíuno no seu Radar. O sinxelo vendeuse por completo nunha semana.
No verán de 2005, Nicholls rematou os seus estudos no instituto e os demais deixaron os seus traballos para dedicarse á banda a tempo completo.
O sinxelo "Thirteen"/"Fourteen" foi gravado en agosto de 2005 en White Heat Records, seguido dunha xira polo Reino Unido. Ademais durante este ano, a banda foi sinalada na revista in NME como unha das precursoras da chamada escena musical New Yorkshire de Leeds (xunto a grupos como The Research, The Sunshine Underground, The Ivories e Black Wire)Mackay, Emily (2008) "¡Forward, Russia! LIFE PROCESSES", artigo en The Quietus do 11-4-2008, consultado o 25-11-2015 .Dosanjh, Ash (2008) "Album: ¡Forward Russia!, Life Processes (Cooking vinyl)", artigo en The Independent do 13-4-2008, consultado o 25-11-2015 .. Seguidamente foron abreconcertos doutras bandas en bastantes ocasións para, finalmente, acadar a súa primeira xira como cabeza de cartel no Reino Unido, o que levou a banda a trinta e sete lugares diferentes.
O seguinte traballo da banda, "Twelve", apareceu en xaneiro de 2006, no selo Dance To The Radio, ocupando o 36º posto en UK Top 40.
Give Me a Wall O seu seguinte sinxelo, unha nova versión de "Nine", foi realizada en maio e precedeu ao álbum de debut Give Me a Wall, producida por Paul Tipler e presentada no Reino Unido o 15 de maio de 2006"Forward Russia Album, Single & Tour News" , en This Is Fake DIY de 13-3-2006, consultado o 10-6-2012 .. Neste tempo fixeron unha xira con We Are Scientists, tocaron xunto a The Automatic, The Long Blondes, Howling Bells e Boy Kill Boy no New Music Tour de 2006 organizado pola revista NME.
A banda asinou co selo Mute Records en Norte América, onde Give Me A Wall lanzouse o 19 de setembro de 2006. Un sinxelo dixital de "Thirteen", así como dous EPs cos principais temas de "Nine" e "Eighteen" foron publicados para apoiar o álbum. ¡Forward, Russia! visitou América catro veces, todas no 2006, para tocar no South by Southwest, no CMJ Music Marathon e en xiras con Scanners e Snowden. No Xapón a banda asinou co selo Vinyl Junkie Recordings. Ademais, Dance to the Radio distribuíu Give Me a Wall para o resto do mundo a través dun acordo con Cooperative Music. O álbum foi realizado na súa maior parte a finais de setembro e principios de outubro, mentres a banda facía unha xira por Europa.
"Eighteen", o cuarto tema sacado do álbum no Reino Unido, foi lanzado en xullo en CD e en dous formatos de 7" para sinxelo, acadando o número un na UK Indie Chart. O vídeo de "Eighteen" incluíu cameos de membros de The Pigeon Detectives, This Et Al e The Playmates.
"Nine" foi incluída na banda sonora do xogo do 2007 da PSP Burnout DominatorAltizer, Roger "‘Burnout Dominator’ Soundtrack and Songlist" , en about.com, consultado o 10-6-2012 .. A versión orixinal de "Nine" foi producida por Richard Green, antigo membro de Ultrasound e The Somatics.
No ano 2006 tiveron unha curta xira no Reino Unido e aparicións en numerosos festivais británicos e europeos, así coomo actuacións nos Estados UnidosBiografía de ¡Forward Russia! , en Drowned in Sound, consultado o 9-6-2012 .. O grupo tocou nos festivais de Reading and Leeds Festival e Carling Weekend, aparecendo na NME/BBC Radio One Stage. A banda tamén tocou en novembro de 2006 no Spanking New Music Tour da MTV2 xunto a Wolfmother, The Maccabees e Fields"¡Forward Russia! And Wolfmother Announce Tour" , en This Is Fake DIY de 3-6-2006, consultado o 10-6-2012 .. "Nineteen" foi lanzado como o derradeiro sinxelo do álbum para dar apoio a esta xira.
No festival belga Pukkelpop Festival, a banda estreou o seu primeiro material post-Give Me A Wall, "Don't Be A Doctor", que foi así mesmo a primeira canción sen título numéricoDenney, Alex (2007) "¡Forward Russia! ‘Don't Be A Doctor’" , en Drowned in Sound de 7-2-2007, consultado o 9-6-2012 {´{en}}.. "Doctor..." foi gravado polo produtor de "Give Me A Wall" Paul Tipler en setembro de 2006 e publicado como un white label (traballo sen a etiqueta de selo discográfico) dunha soa cara gravado nun sinxelo de 10" o 12 de febreiro de 2007. A gravación realizouse por vez primeira dixitalmente como unha parte da compilación do selo Dance To The Radio que levaba o título xenérico de "Out Of The Woods and Trees". Esta compilación ademais incluía rarezas de Howling Bells e The Pigeon Detectives.
O conxunto encabezou unha breve xira polo Reino Unido e Irlanda entre febreiro e marzo de 2007 a fin de mellorar a promoción neste área do seu álbum de debut.
Life Processes Despois dun secret show (actuación sorpresa) no que presentaron novo material, a banda procedeu a gravala en Seattle co produtor Matt Bayles. No diario do seu blog de estudio foron mencionados numerosos títulos das novas cancións, incluíndo tres que habían sido presentadas na xira de principios do 2007. Un sinxelo tomado do álbum, titulado "Breaking Standing", foi o primeiro material desas sesións de estudio en ser publicado"¡Forward Russia! announce new album details", en NME do 12-2-2008, consultado o 9-6-2012 .. O álbum titulouse Life Processes e foi publicado no Reino Unido por Cooking Vinyl o 14 de abril de 2008, por Mute Records en Norte América en xuño e por Vinyl Junkie no Xapón o 26 de marzo do mesmo ano. A edición xaponesa incluíu os exclusivos temas extra "Reflection Symmetry" e "Don't Be A Doctor". O álbum, que de acordo ao escritor da revista SPIN Josh Modell exploraba "máis expansivos, máis progresivos territorios" que o seu predecesor, tivo unha recepción positiva pola crítica, como a de Drowned in Sound que o describe como un traballo "salpicado de momentos brillantes", e a de The Independent que sinala que o álbum "habilmente combina a ferocidade do punk-rock melódico co enxenio"Modell, Josh (2008) "¡Forward, Russia! ‘Life Processes’", en SPIN de agosto de 2008, páxina 100, consultado o 10-6-2012 Patashnik, Ben (2008) "¡Forward Russia! ‘Life Processes’" , en Drowned in Sound do 28-3-2008, consultado o 9-6-2012 ..
Dobre disolución No 2008, a banda anunciou que tomaban a "decisión de descansar da súa actividade en ¡Forward, Russia!" e que non volverían a tocar ou gravar "nun futuro inmediato""Forward, Russia to split?", en NME de 13-8-2008, consultado o 9-6-2012 ."¡Forward, Russia! Announce Split" , en MTV de 14-8-2008, consultado o 10-6-2012 .. O seu comunicado sinalaba que "a idea de facer outra xira sen nada novo que ofrecer era algo que non nos estusiasmaba a ninguén de nós".
Katie Nichols trasladouse a Nottingham para comezar un curso de arte, mentres Woodhead traballaba como produtor. A súa derradeira actuación coñecida celebrouse no Brainwash Festival, no Brudenell Social Club, o 17 de outubro de 2008Webb, Rob (2008) "¡Forward, Russia! announce last show... for now?" , en Drowned in Sound, consultado o 9-6-2012 .. En febreiro do 2009 anunciouse o ingreso de Whiskas en Duels como membro a tempo completo"Now we are five" , na páxina da banda, Duelsmusic.co.uk. Consultado o 13-5-2012 .. O 30 de marzo de 2013, a banda reactivouse en Twitter, dando comezo rumores dunha nova reunión ou reconstitución da formación, cousa que foi confirmada o luns 9 de setembro co anuncio dunha actuación que tería lugar no The Brudenell Social Club de Leeds o 30 de novembro de 2013, e a esta seguiulle unha segunda actuación na casa do concello de Leeds dentro do Live at Leeds Festival o 3 de maio de 2014, que finalmente resultou a súa derradeira actuación. O concerto no The Brudenell Social Club foi gravado e publicado en xaneiro de 2014 a través da auto-edición, contando cun total de quince temasBandcamp.com, ligazón ao traballo Live at the Brudenell., sendo mesturado por Lee Smith e masterizado por Tom Woodhead, sendo bautizado co sinxelo nome de Live at the Brudenell.
Estilo musical A música da banda foi descrita como "art rock", "agit-punk contemporáneo" e "dance-punk de alta voltaxe".Marcus, Laura (2006) "¡Forward Russia! March Through NYC", en SPIN de 29-11-2006, consultado o 9-6-2012 . Cando se publicou Give Me a Wall, a banda foi comparada con Bloc Party, mentres NME describiu o seu son "como unha peculiar versión inglesa do estilo emo".Snodgrass, James (2006) "¡Forward, Russia!: Give Me A Wall", en NME de 15-5-2006, consultado o 9-6-2012 .Berman, Stuart (2006) "¡Forward, Russia! ‘Give Me a Wall’", en Pitchfork Media de 1-8-2006, consultado o 9-6-2012 . O segundo álbum da banda foi descrito por Pitchfork Media como "unha curiosa mestura de estudiado dance-punk e frenético hardcore"Orme, Mike (2008) "¡Forward, Russia! ‘Life Processes’", en Pitchfork Media de 22-7-2008, consultado o 9-6-2012 .
Jon Pareles, relatando unha actuación en directo do 2006 en The New York Times, manifestaba que "(as súas) cancións non se limitan a un pé e un refrán; están repletas de peculiaridades, e están impulsadas pola infatigable batería de Katie Nicholls. Os instrumentos únense para muscular, un funk bailable, e entón sepáranse como un puño que se abre de repente"Pareles, Jon (2006) Music Review: ‘¡FORWARD, RUSSIA!’ Postpunk Resurrected Anew", en The New York Times de 30-11-2006, consultado o 10-6-2012 ..
A voz de Woodhead foi descrita como un "chío operístico post-hardcore"Ackroyd, Stephen (2006) "¡Forward, Russia - Give Me A Wall" , en This Is Fake DIY, consultado o 10-6-2012 ..
Membros da banda Tom Woodhead – vocais e sintetizador Rob Canning – baixo Katie Nicholls – batería, vocais e berros Whiskas – guitarra eléctrica, berros e sintetizador
Traballos fóra da banda dos seus membros