A Casa de Ramos, (2007) A Coruña y el siglo de las luces: la construcción de una ciudad de comercio (1700-1808) USC e UDC. posteriormente chamada Casa Real do Consulado e, abreviadamente, Casa do Consulado, é un edificio de estilo neoclásico da cidade da Coruña construído no século XVIII.

Descrición A fachada do edificio é de perpiaños de granito con almofadado no baixo que continúa polas esquinas, e conta con tres andares e ático. Na primeira planta destaca un gran balcón corrido de forxa ó que dan as súas cinco fiestras. Na segunda planta ten tamén outras cinco fiestras, neste caso cuns pequenos balcóns individuais. Na parte superior da fachada posúe un reloxo.

O edificio ten un patio interior, cunha grande escaleira, sobre o que se estruturan as plantas do edificio.

Historia O edificio foi construído en 1779 como vivenda para o comerciante José Ramos e dirixidas as súas obras polo arquitecto Pedro Martín Cermeño. Cando o 29 de novembro de 1785 se creou o Real Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña, a nova institución alugou o edificio, que finalmente comprou en 1793.

A primeira modificación do edificio chegou en 1794 cando se substituíu a terraza por un teito de tella e se engadiu o reloxo. En 1806 o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde fundou a Biblioteca do Consulado, primeira biblioteca pública da cidade.«Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales...» El Ideal Gallego.

O Real Consulado foi substituído por outras institucións ata a creación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña en 1886, manténdose na mesma sede ata 1926.

O 4 de setembro de 1905 celebrouse no Salón de Actos deste edificio a constitución da Academia Galega da Lingua sendo elixidos Manuel Murguía, presidente, Uxío Carré Aldao, secretario e Xosé Pérez Ballesteros, tesoureiro.Sede , no sitio web da Academia Galega da Lingua

Entre 1942 e 1946 levouse a cabo un proceso de reforma interior segundo o proxecto de Antonio Tenreiro para establecer no edificio o Museo de Belas Artes, aumentándose tamén a súa altura. O museo mantivo esta sede entre 1947 e 1995.

O edificio foi cedido ao concello da Coruña en 2014.

Uso A Casa do Consulado é a sede da Biblioteca do ConsuladoBiblioteca da Casa Consulado e de catro academias galegas: as de Belas Artes (desde 1898), Xurisprudencia (desde 1966),Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Audiovisual (desde 2002)Academia Galega do Audiovisual. Coñece a Academia e Gastronomía (desde 2008).Resolución ... de 2008 ... pola que se lle dá publicidade ao acordo ... polo que se crea a Academia Galega de Gastronomía DOG.Academia Galega de Gastronomía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casas de Paredes Ligazóns externas Páxina sobre o edificio na web da Real Academia Galega de Belas Artes

Categoría:Arquitectura civil na Coruña