Luigi Galleani nado en Vercelli o 12 de agosto de 1861, e finado en Caprigliola, Aulla o 4 de novembro de 1931, foi un anarquista italiano activo nos Estados Unidos entre 1901 e 1919. Visto polos historiadores como un anarquista insurreccionalista, é coñecido pola súa defensa entusiasta da "propaganda polo feito", como o uso da violencia para eliminar "tiranos" e "opresores" e actuar como un catalizador para derrubar as institucións gobernamentais existentes.Avrich, P., Sacco and Vanzetti: The Anarchist Background, Princeton, N.J.: Princeton University Press, ISBN 0-691-02604-1 (1991), pp. 81, 97-99, 135-141, 147, 149-156, 158, 172, 195, 214Galleani, Luigi, Faccia a Faccia col Nemico, Boston, MA: Gruppo Autonomo, (1914)Wilkinson, Paul, Conflict Studies: Terrorism versus Liberal Democracy, the Problems of Response, London: Institute for the Study of Conflict, Current Affairs Research Services Centre, Issues 67-68 (1976), p. 3 Dende 1914 a 1932, os seguidores de Galleani nos Estados Unidos (coñecidos como i Galleanisti), levaron a cabo unha serie de atentados con bombas e intentos de asasinato contra persoas que viron como inimigos de clase. Despois de que Galleani fose deportado de volta a Italia en xuño de 1919, os seus compañeiros reivindicaron o Atentado de Wall Street de 1920, que provocou a morte de 38 persoas.
Notas
Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1931