O pobo austríaco (en ) é un grupo nacional, cultural e étnico xermánico que vive en Austria. Historicamente, os austríacos foron considerados como alemáns e tamén se vían eles mesmos como tal. Austria foi parte do Sacro Imperio Romano Xermánico e tamén foi posteriormente membro da Confederación Xermánica, mais trala Guerra austro-prusiana de 1866, Austria foi expulsada da Confederación por Prusia. Por mor disto, cando se fundou o Imperio Alemán en 1871, Austria quedou á marxe. En 1938 produciuse o Anschluss, ou anexión de Austria ao Terceiro Reich, mais despois do acontencido na segunda guerra mundial, os austríacos desenvolveron a súa propia identidade nacional e a meirande parte deles non se considera como alemáns hoxe en día. En 1958 o pobo austríaco foi galardoado co Premio Erasmus.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cultura de Austria en everyculture.com

Categoría:Grupos étnicos de Austria Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Premio Erasmus