Democràcia i Llibertat (en galego: Democracia e Liberdade) é unha coalición política nacionalista que se presentou ás xerais de 2015 nas catro provincias catalás.

Está formada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), Demòcrates de Catalunya (DC), que era unha escisión de carácter soberanista de Unió Democràtica de Catalunya, e Reagrupament, que no seu momento fora unha escisión de Esquerra Republicana de Catalunya, neste caso á dereita desta formación.

O líder da coalición é Francesc Homs, de Convergència Democràtica de Catalunya.

Categoría:Forzas políticas de Cataluña