As ribonucleases III ou RNases III son encimas ribonucleases que se unen especificamente e clivan (cortan) ARNs bicatenarios. Un exemplo é a ribonuclease III procariótica de Escherichia coli () (xene rnc), que é un encima que dixire ARN bicatenario, e está implicado no procesamento de precursores do ARN ribosómico e dalgúns ARNm.

Dentro das RNases III distínguense catro subdivisións, que son as clases 1, 2, 3, e 4.

RNases III de clase 1. Atópanse en bacterias, virus bacteriófagos, e algúns fungos. Entre as RNases III desta clase están a rnc de E. coli, Pac1p de S. pombe, e Rnt1p de S. cerevisiae. As RNases de clase 1 procesan precursores do ARN ribosómico, e, no caso dos fungos, procesan precursores dos ARNs nucleares pequenos (snRNA) e ARNs nucleolares pequenos (snoRNA). RNases III de clase 2. Inclúen a familia de Drosha de encimas que funcionan na maduración dos precursores dos microARNs. RNases de clase III. Inclúen a familia de Dicer de encimas que funcionan na interferencia de ARN. RNases III de clase 4. Estes encimas, tamén chamados Mini-III, son encimas homodiméricos e constan soamente de dominios de RNase III.

Proteínas humanas que conteñen este dominio DICER1; MRPL44; RNASEN;

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases Categoría:ARN Categoría:Dominios proteicos