Twitstar ou tuitstar (do inglés, estrela de twitter) é o termo empregado para referirse aos usuarios da rede social Twitter máis populares e con maior número de seguidores. Este termo tamén é adoito empregado para denominar as persoas que se fixeron populares a través desta rede de microblogging. Así, os cantantes, actores, e outras persoas con gran número de seguidores que xa eran famosos antes de abrir a súa conta en Twitter, non son considerados twitstars.
Existen varias páxinas que se adican a contabilizar e medir a popularidade dos usuarios de Twitter. As máis empregadas son Favstar e Klout. Favstar emprega o número de chíos que son marcados como favoritos e rechouchiados, e usa eses datos para establecer un clasificación de popularidade. Klout, por outra banda, analiza non só as interaccións en Twitter, senón tamén noutras redes sociais, establecendo unha puntuación de 0 a 1.000 en función da popuaridade do usuario.
Twitstars galegos Principais tuitstars galegos (2015)NomeUsuarioSeguidoresIsmael Prego@wismichu en Twitter1.230.000Óscar Velázquez@elbarónrojo204.000Carlos Gó[email protected] Ángel López@hematocritico 99.500Lucía [email protected] de Lorenzo@October__Lee29.200 O twitstar galego que posúe o maior número de seguidores é Ismael Prego, máis coñecido como Wismichu. A súa canle en Youtube ten máis de 2,5 millóns de subscritores, e en Twitter ségueno máis de 900.000 usuarios. O 28 de marzo de 2015 a súa canle foi pechada por mor de denuncias de incumprimento da política de Youtube. Finalmente a conta foille devolta.
A nive global, os usuarios con maior número de seguidores son Katy Perry (69.078.451), Justin Bieber (63.153.115) e Barack Obama (58.620.773).
O chío máis rechouchiado desde que botou a andar Twitter en 2009 foi o selfie que tirou a presentadora Ellen DeGeneres na gala dos Oscar de 2014 con algúns dos asistentes á gala, como Brad Pitt, Angelina Jolie, Bradley Cooper, Meryl Streep, Julia Roberts, Kevin Spacey e Jennifer Lawrence. Dito chío foi rechouchiado por 3.338.143 persoas, e sinalado como favorito por 2.072.360 usuarios.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Favstar Rechouchío Rede social Ligazóns externas Chiavegatto, Marina (25/4/2015). ¿Cómo ser un «twitter star»? La Voz de Galicia.
Categoría:Twitter