O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou BarmanzónCastelos de Galiza/Galicia: ARANGA: Castelo de Hermanzón, Barmanzón ou Aranga, foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos enriba do antigo Castro de AlmanzorMapa 1/25.000 do SigPac, sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.

Historia miniatura|esquerda|O castelo de Aranga no sur do territorio de Pruzos (séc. X). Idade Media Existen diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas.

Escavación No xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo. Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII.Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga: Catálogo de Patrimonio: Ficha GA-15003121 , Concello de Aranga, 2013

Estado actual Os restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Aranga Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Aranga Categoría:Castelos de Galicia sen imaxes Categoría:Aranga sen imaxes Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña