miniatura|O león e o rato, ilustración de Milo Winter de 1919, Antoloxía de Esopo. Milo Winter, nado en Princeton (Illinois) o 7 de agosto de 1888 e finado en 1956, foi un ilustrador de libros estadounidense. Produciu obras para as edicións das Fábulas de Esopo, Arabian Nights, Alicia no País das Marabillas, As viaxes de Gulliver, e outros contos.
Traxectoria Formouse na Escola de Chicago do Instituto de Arte. Viviu en Chicago até principios de 1950, cando se trasladou á cidade de Nova York. De 1947 a 1949, foi o editor de arte dos libros Childcraft e desde 1949, foi editor de arte na división de tiras de película de Silver Burdett Company.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía Peter H. Falk, Who Was Who in American Art, 1985 ISBN 0-932087-00-0
Categoría:Finados en 1956 Categoría:Nados en 1888 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América