Jean-François Fortin, nado o 12 de setembro de 1973, é un político quebequés, líder do partido Forzas e Democracia.

Traxectoria Jean-François Fortin realizou estudos de ciencias políticas na Universidade do Quebec en Montreal, completando os seus estudos cun certificado sobre a política estranxeira da Unión Europea na Universidade de Lión (Francia). Especializouse en análise política e relacións internacional, materias que ensinou no Cégep de Rimouski entre xaneiro de 2001 e maio de 2011.

A súa primeira participación en política foi como concelleiro en Sainte-Flavie (2003.2006), localidade da que foi alcalde en 2009. Nas eleccións federais de 2011 presentouse polo Bloque Quebequés na circunscrición de Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia en substitución de Jean-Yves Roy, que por problemas de saúde decidira non presentarse. Resultou elixido nun contexto de baixada electoral para o BQ.

Tras a dimisión de Gilles Duceppe, foi un dos candidatos a liderar o Bloque nas primarias que celebradas en decembro de 2011 pero quedou por detrás de Maria Mourani, e do vencedor Daniel Paillé.« Daniel Paillé est le nouveau chef du Bloc québécois », Radio Canada, 12 de decembro de 2011.

En 2014, apoiou a André Bellavance como líder do Bloque nas primarias dese ano, pero contra prognóstico gañou Mario Beaulieu. O 12 de agosto de 2014 anunciou a súa baixa do partido, non obstante permaneceu na Cámara dos Comúns como independente, denunciando a intransixencia de Beaulieu e a radicalización do que fora o seu partidoi« Jean-François Fortin quitte le Bloc québécois », La Presse, 12 de agosto de 2014, e anunciou a creación dun partido sen liña política e que mirase polos intereses das rexións quebequesas"Jean-François Fortin songeait à former un nouveau parti, avant de démissionner" Radio Canada, 12 de agosto de 2014 ..

O 21 de outubro de 2014, co deputado do NPD Jean-François Larose, fundou Forzas e Democracia, un novo partido político quebequés rexistrado federalmente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá Categoría:Alcaldes