O dos desdentadosdesdentado, 3ª acep. no dicionario da RAG. ou edentados (Edentata) constitúe un taxon de mamíferos placentarios hoxe en día abandonado. Reunía aos armadillos ou tatús, os osos formigueiros, os preguiceiros, os pangolíns e os oricteropos.

Un grupo controvertido Aínda que o termo desdentados implica a ausencia de dentes, só os pangolíns e os osos formigueiros están totalmente desprovistos deles, os demais membros do grupo non teñen dentes incisivos dianteiros e carecen (ou, se os teñen, están pouco desenvolvidos) os molares. Trataríase dun exemplo de converxencia evolutiva.Rose, Kenneth D. & J. David Archibald, eds. (2005): The Rise of Placental Mammals. Lectura (parcial) online.Rose, Kenneth D. & J. David Archibald, eds. (2005): The Rise of Placental Mammals. Origins and Relationships of the Major Extant Clades. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkis University Press. ISBN 978-0-8018-8022-3. Referencia na JH.

A homoxeneidade deste grupo suscitou un debate xa na segunda metade do século XIX e, en 1872, Thomas Huxley desprazou aos pangolíns e os oricteropos a unha orde separada. Pouco despois, Edward Cope propuxo o termo Xenarthra para reagrupar os desdentados suramericanos.

Este clado foi confirmado por análises moleculares como polifilético e, en consecuencia, os desdentados foron divididos, para reflectir a súa verdadeira filoxenia, nas ordes dos Pilosa (pilosos), que engloba aos osos formigueiros e os preguiceiros, e o dos Cingulata (cingulados), que comprende os armadillos.Delsuc, Frédéric; Catzteflis, François M.; Stanhope, Michael J. & Douzery, Emmanuel J. P. (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua" . Proc. R. Soc. Lond. B 268: 1476.Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phlogeny". Genome Research 17 (4): 413–421. Resumo.

Nota: Para ver o estado deste grupo até hai poucos anos, véxase Maldentados na Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 78–88.

Etimoloxía O nome científico Edentata está formado polo elemento do latín e- que indica a acción de "separar", de "privar de algunha cousa", e dentata, nominativo plural do adxectivo dentatus, a-, -um, "dentado", "que ten dentes". Literalmente: "os privados de dentes".

Notas

Véxase tamén Bibliografía VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Mamíferos Cingulados Pilosos

Ligazón s externas Edentata (non válido) no SIIT. Edentata en The Free Dictionary

Categoría:Mamíferos