Chlorobium (tamén chamado Chlorochromatium) é un xénero de bacterias verdes do xofre (Chlorobi). Son bacterias fotolitótrofas que oxidan o xofre e utilizan unha cadea de transporte de electróns non cíclica para reducir o NAD+. A súa fotosíntese realízase utilizando un centro de reacción de tipo 2 que usa a bacterioclorofila (BChl) a e tamén clorosomas que empregan as bacterioclorofilas c, d, ou e; ademais tamén posúen clorofila a. Utilizan o sulfuro de hidfróxeno como fonte de electróns e a súa fonte de carbono é o dióxido de carbono.Prescott, Harley, Klein. (2005). Microbiology pp. 195, 493, 597, 618-619, 339.

As especies de Chlorobium teñen cor verde escura. Nunha columna de Winogradsky, a capa verde que a miúdo se forma está composta de Chlorobium. Este xénero vive en condicións anaerobias estritas baixo a superficie dun corpo de auga, normalmente a zona anaeróbica dun lago eutrófico.

Chlorobium aggregatum é unha especie que establece unha relación simbiótica cunha bacteria incolora non fotosintética. Estas especies teñen en conxunto o aspecto dun feixe de bacterias verdes, unidas a unha célula central con forma bacilar, que pode moverse usando o seu flaxelo. As bacterias verdes do exterior utilizan a luz para oxidar sulfuros a sulfato. A célula do interior, que non pode realizar a fotosíntese, reduce o sulfato a sulfuro. Estas bacterias divídense ao unísono, dándolle á estrutura unha aparencia multicelular, que é moi infrecuente entre as bacterias.Postgate, John: "The Outer Reaches of Life", page 132-134. Cambridge University Press, 1994

As especies de Chlorobium crese que xogaron unha parte importante en episodios de extinción masiva na Terra. Se os océanos se volven anóxicos (debido a un corte da circulación oceánica) entón os Chlorobium poden competir con outros seres vivos fotosintéticos. Deste modo, producen enormes cantidads de metano e sulfuro de hidróxeno, que causan un quecemento global e chuvia ácida. Isto ten graves consecuencias para outros organismos oceánicos e tamén para os organismos terrestres. Hai probas abondosas de que as poboacións de Chlorobium proporcionadas por fósiles químicos, que se encontran en sedimentos depositados no extinción en masa do Cretáceo.

O xenoma completo de C. tepidum consta de 2,15 megabases (Mb), e foi secuenciado e publicado en 2002. Sintetiza clorofila a e bacterioclorofilas a e c, e utilizose como organismo modelo para dilucidar a biosíntese de bacterioclorofilas c. Varias das súas vías metabólicas dos carotenoides (que inclúen unha nova licopeno ciclase) son similares a outras que se encontran en cianobacterias.

Notas

Categoría:Bacterias fototróficas Categoría:Clorobios