A Selección de rugby do Uruguai, máis coñecida como Los Teros, é o equipo que representa á URU nos partidos e competicións oficiais organizados por World Rugby e Suramérica Rugby. Considerada a segunda selección máis potente de Suramérica trala selección de rugby da Arxentina, clasificouse para disputar os mundiais de 1999, 2003 e 2015 (acadando dúas vitorias e cinco derrotas) e gañou os campionatos suramericanos de 1981 e 2014 (ningún deles xogado pola Arxentina).

Disputa os seus encontros no Estadio Charrúa de Montevideo, construído en 1984, con capacidade para 14.000 seareiros.

Véxase tamén Ligazóns externas Los Teros na web oficial da Union de Rugby del Uruguay

Categoría:Deporte no Uruguai Uruguai