2101 Adonis foi un dos primeiros asteroides próximos á Terra que se descubriron. Foi descuberto no 1936 por Eugène Joseph Delporte e foi nomeado Adonis polo fermoso mozo da mitoloxía de quen Afrodita se namorou. Este asteroide ten aproximadamente 1 km de diámetro.
Cando o asteroide foi descuberto por primeira vez non era posible facer as observacións suficientes para calcular a súa órbita, de tal xeito Adonis foi un asteroide que estivo perdido ata 1977, ano no que Charles T. Kowal volveu a descubriloRichard G. Hodgson: Long-lost planet 1936 CA ("Adonis") recovered. The Minor Planet Bulletin, Volume 4, p.35 ..
Adonis foi o segundo asteroide Apolo descuberto tras 1862 Apolo. Pode ser un cometa extinto e pode ser a fonte dalgunha chuvia de meteoros.
A órbita de Adonis ten achegamentos ás órbitas de Venus, da Terra e Marte.
Adonis na ficción
En 1954, no cómic de Tintín titulado Explorando a lúa, o capitán Haddock en estado de embriaguez case se volve un satélite do asteroide, que estaba no tránsito entre a Terra e a Lúa.
Notas
Categoría:Asteroides Categoría:Tintín