Catarina Soares Martins, nada o 7 de setembro de 1973 en Porto é unha lingüista e política portuguesa, deputada e voceira do Bloco de Esquerda (BE).
Traxectoria Licenciada en linguas e literaturas modernas, estudou teatro na Academia de Coímbra e fundou o grupo teatral Visões Úteis en 1994, e foi dirixente da asociación de artes escénicas, Plateia. Membro da Mesa Nacional do BE, é deputada na Asemblea da República desde 2009.
Canda João Semedo resultou elixida coordinadora do BE o ano 2012 sucedendo a Francisco Louçã.
O 30 de novembro de 2014, tras a IX Convención do BE, Semedo abandonou o liderado que asumiu unha Comisión Permanente composta por seis membros, con Martins como voceira ata que en 2016 volveu ao posto de coordinadora do BE ata maio de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Asemblea da República
Categoría:Actores de Portugal Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados no Porto Categoría:Deputados de Portugal Categoría:Políticos do Bloco de Esquerda Categoría:Europarlamentarios de Portugal