Federico Ribas Montenegro, nado en Bouzas (Vigo) o 26 de outubro de 1890. "Federico Ribas, un artista vigués genial" 12/9/2012 e finado en Madrid o 11 de setembro de 1952, foi un debuxante, ilustrador, publicista e pintor galego.
Traxectoria De pais cataláns,"La viuda de Federico Ribas" La Vanguardia Española, 5/10/1956 . naceu no daquela concello de Bouzas. De mozo opositou a Correos, sen éxito, e emigrou á Arxentina en 1908, onde traballou para Última Hora, Papel y Tinta, El Diario, PBT, Caras y Caretas, Crónicas de Oro e España Republicana. En 1912 marchou a París e traballou en Elégances, Mundial (que dirixía Rubén Darío) e Le Rire. Volveu a España e instalouse en Madrid en 1916 onde traballou para Blanco y Negro e ABC e facendo portadas para libros. Asinou, en ocasións co pseudónimo de Mirko. Dirixiu unha empresa de publicidade e, para pasar os veráns, mercou unha casa en Beluso. Foi o publicista de Conservas Massó e da empresa francesa Gal de perfumería. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colléuno en Beluso, e pasou a Portugal no maleteiro do coche de Gaspar Massó.
Exiliouse, chegando a Buenos Aires o 7 de novembro de 1936. Alí dirixiu a revista Atlántida e casou coa actriz española Mercedes Sicilia."Grupo de personalidades barcelonesas reunidas en torno de doña Mercedes Sicilia, viuda de Kibas,..." La Vanguardia Española, 7/10/1956 . Na Arxentina coincidiu con Castelao e Luís Seoane. Fixo as personaxes para o filme de animación arxentino en branco en negro El mono relojero, de 1938, e adaptacións gráficas do Quijote (1946) e da Illa do tesouro (1947). En 1949 volveu a Madrid para seguir nos antigos traballos publicitarios. Colaborou con Blanco y Negro, Crónica, Buen Humor, Flirt, Nuevo Mundo, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Esfera...AAVV. "Ribas Montenegro, Federico" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
Obra
Hai obra de Federico Ribas, entre outras coleccións, na Afundación,Colección Afundación no Museo Municipal Quiñones de León, no Museo de Belas Artes da Coruña, no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no Museo Massó e no Museo Anfaco da Industria Conserveira.Ceres - Red Digital de Colecciones de Museos de España Vida persoal É irmán do xornalista José Ribas Montenegro. A súa filla Maryan Ribas Sicilia (1933) é tamén pintora.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
AAVV (2006). "Ribas Montenegro, Federico" en Diciopedia do século 21, t. 3. pp. 1809–1810. (2002). "Aspectos iconográficos del cuerpo en la publicidad en Galicia a principios del siglo XX", pp. 457–469 en Semata: Ciencias sociais e humanidades 14, Profano y pagano en el arte gallego, USC. (2004). Formas y colores: la ilustración infantil en España Universidade de Castela-A Mancha, 2004. ISBN 84-8427-298-2.
Outros artigos Máximo Ramos Ligazóns externas Lahistoriadelapublicidad.com .
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Publicistas Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Día da Ilustración