Joe Marcus Johnson, nado o 29 de xuño de 1981 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogaba como escolta ou ala. Foi seleccionado no Draft da NBA polos Boston Celtics en 2001.

Traxectoria Nado en Little Rock (Arcansas), Joe Johnson estudou no Instituto Little Rock Central, onde xogou ao baloncesto. Grazas ao seu rendemento tivo varias ofertas de bolsas para estudar en prestixiosas universidades como Duke ou Connecticut; porén, finalmente decantouse pola Universidade de Arkansas. Na súa primeira tempada liderou ao seu equipo en anotación (16,0 puntos por partido) e en rebotes (5,7), chegando a ser o primeiro novato en conseguilo na historia da universidade. Nos dous anos que permaneceu alí fixo unha media de 15,0 puntos e 6,1 rebotes por partido.

Tras pasar dous anos na universidade, declarouse elixíbel para o Draft da NBA de 2001, onde foi elixido no décimo posto polos Boston Celtics. Tras media temporada no equipo de Boston, foi traspasado aos Phoenix Suns onde permaneceu até 2005. A súa explosión de xogo chegaría na temporada , onde aumente as súas estatísticas até o 16,7 puntos, 4,7 rebotes e 4,4 asistencias. Tras a súa estadía no equipo de Novo México, asina polos Atlanta Hawks, onde na temporada aumenta os seus números até conseguir unha media de 25,0 puntos por partido, sendo un dos máximos anotadores da liga. Ese mesmo ano é chamado para xogar por primeira vez o Partido do All-Star. En sería ademais incluído no Terceiro Equipo All-NBA. Tras varios anos en Atlanta cuns números destacábeis, en xullo de 2012 é traspasado aos Brooklyn Nets a cambio de Jordan Farmar, Anthony Morrow, Jordan Williams, Johan Petro, DeShawn Stevenson e unha elección de primeira rolda do Draft de 2013.

O 25 de febreiro de 2016, Johnson e os Nets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato. O 27 de febreiro de 2016, Johnson asinou cos Miami Heat. O día seguinte, fixo o seu debut cos Heat, na vitoria por 98-81 contra os New York Knicks, facendo 12 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias en 30 minutos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Basketball Reference

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Little Rock Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Houston Rockets