miniatura|dereita|Escolas Labaca, A Coruña. Leoncio Bescansa Casares, nado na Coruña o 12 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 1957 foi un arquitecto galego.

Traxectoria Bescansa era fillo do comerciante coruñés Fermín Bescansa e de Cándida Casares Teijeiro, filla á súa vez do químico Antonio Casares Rodríguez.

Estudou no instituto da Guarda e trasladouse a Madrid para estudar arquitectura, carreira que rematou en 1903. En 1904 viaxou por Alemaña, Austria e Italia. Foi arquitecto municipal en Córdoba, Lugo e Santiago de Compostela e arquitecto diocesano de Monforte de Lemos. A partir de 1911 instalouse como arquitecto libre na Coruña. En 1912 casou con María García Moniño.

Obras miniatura|S. Xoán Bautista en Monserrat, Oza. Bescansa foi un dos últimos arquitectos modernistas, mais considérase integrado no grupo de arquitectos do eclecticismo, con Pedro Mariño ou Eduardo Rodríguez-Losada.

Destacan na súa obra as Escolas Labaca (1912-1915) e o edificio principal do Colexio Compañía de María da Coruña (1925), que combinan modernismo con estilo neogótico e o edificio chamado popularmente “dente de ouro” na praza de María Pita (1926-1927). Realizou tamén edificios de vivendas en Betanzos. Na Casa Torres da Coruña (1925) mesturou o barroco español con estilos europeos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1957