O linguado do Senegal ou linguado brancoLahuerta e Vázquez (2000), p. 85. (Solea senegalensis) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Solea senegalensis Kaup, 1858 no WoRMS.
É unha especie moi semellante ao linguado común (S. solea), que habita nas costas do océano Atlántico oriental, desde as do golfo de Biscaia até as da África central, e tamén se atopa no Mediterráneo occidental.
Na actualidade é obxecto de importante cultivo en acuicultura en Galicia (e noutros países), que está en fase de expansión.
Taxonomía A especie foi descrita en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.
Sinónimos Ademais de polo nom,e orixinario, e actualmente válido, que lle impuxo Kaup, a especie coñécese tamén polos sinónimos:
Solea cleverleyi Gilchrist, 1906 Solea melanochira Moreau, 1874
Características É moi semellante a Solea solea, o linguado común, do que difire, exteriormente, porque a mancha da aleta pectoral é menos marcada, e na anatomía interna, porque presenta 9 vértebras precaudais, mentres que S. solea ten 10.
Alcanza un tamaño máximo de até os 60 cm,Desoutter, M. (1990): "Soleidae·. pp. 1037-1049. En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2. aínda que a media dos exemplares capturados rolda os 45 cm.Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16.
A súa aleta dorsal está sustentada por 72 a 95 raios, e a anal, por de 60 a 75. A súa columna vertebral presenta de 44 a 46 vértebras. O último raio das aletas dorsal e anal están unidas por unha membrana á base da aleta caudal. A rama supratemporal da liña lateral forma un arco. A aleta pectoral do lado ocular ou pigmentado presenta unha mancha escura na súa parte distal. A coloración do lado ocular é parda clara, e a do lado cego, abrancazada.Ben-Tuvia, A. (1990): "A taxonomic reappraisal of the Atlanto-Mediterranean soles Solea solea, S. senegalensis and S. lascaris". J. Fish Biol. 36 (6): 947-960.
Bioloxía
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que adoita habitar a profundidades de entre os 12 e os 65 m, en augas subtropicais do Atlántico oriental, entre os 47° N e os 14° N, e entre os 19° W e 1° W.Solea senegalensis Kaup, 1858 en FishBase.
Predominantemente litoral, vive en fondos areosos ou lamacentos, fóra das zonas costeiras, até os 100 m de profundidade, e en lagoas salobres. Aliméntase basicamente de invertebrados bentónicos, como larvas de poliquetos e moluscos bivalvos, e tamén de pequenos crustáceos. Alcanza a madurez sexual cando mide uns 30 cm. A desova ocorre entre os meses de marzo e xuño.
Pesca Solea senegalensis captúrase nas zonas de pesca 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo, respectivamente).
Ademais, é obxecto dunha importante industria acuícola. (Ver ligazóns externas).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 860–865, en C. Levêque, D. Paugy and G. G. Teugels, eds. Faune des poissons d'eaux douces et saumâtres d'Afrique de l'Ouest Tome 2 PDF. Faune Tropicale n° 28. Musée Royal de l'Afrique Centrale, Tervuren, Belgique e O.R.S.T.O.M., París, France. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Solea aegyptiaca Solea solea
Ligazóns externas Solea senegalensis na ADW. Solea solea (Linnaeus, 1758) en DORIS Acuicultura. Lenguado en Dibaq Acuicultura La industria gallega triplicó en 2010 la producción de lenguado de acuicultura Diario Faro de Vigo, 28-07-2011. El sector acuícola gallego apuesta por el lenguado para aumentar su producción Diario La Opinión. Coruña, 14-11-2011. Expertos consideran que hay buenas perspectivas para la expansión del lenguado en los próximos años en mispeces.com 15-12-2014.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1858 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Acuicultura Categoría:Produtos da pesca