A apolo (Parnassius apollo) é un lepidóptero da familia Papilionidae. Trátase dunha especie tradicionalmente asociada con hábitats de montaña. As súas poboacións esténdense por gran parte de Europa e Asia, e distribúense pola gran maioría das grandes rexións montañosas de Europa até o Tian Shan (China) e oeste de Siberia. Malia a súa ampla distribución, rara vez é común.
A súa vistosidade e maxestade durante o voo valeulle que sexa moi apreciada por algunhas comunidades: pola banda positiva é protagonista de numerosos selos, mentres que pola negativa é obxectivo principal polos coleccionistas, feito que xunto coa destrución do seu hábitat (incluíndo o cambio climático), conduciu á especie ó status de ameazada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Tom Tolman & Richard Lewington, 2002. Guía de las Mariposas de España y Europa. Lynx Edicions. ISBN 84-87334-36-9. D.J. Carter & B. Hagreaves, 1987. Guía de Campo de las Orugas de las Mariposas y Polillas de España y de Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-0798-4. Associació per la Defensa de la Natura, 1999. Papallones d'Andorra. Fundació Crèdit Andorrà. ISBN 99920-1-281-1. Helgard Reichholf-Riehm, 1985. Mariposas. Editorial Blume. ISBN 84-7031-555-2.
Categoría:Lepidópteros Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Bolboretas de Galicia