Damon Galgut, nado en Pretoria o 12 de novembro de 1963, é un escritor surafricano.

Traxectoria Naceu nunha familia de xuristas e comezou a escribir a cando estivo convalecente en hospitais cun cancro aos 6 anos. Estudou arte dramática na Universidade de Cidade do Cabo e debutou con A Sinless Season aos 17 anos. A súa obra máis exitosa é The Good Doctor, 2003. É abertamente homosexual.

En novembro de 2021, a súa novela The Promise gañou o Booker Prize 2021. Damon Galgut é o terceiro escritor de Suráfrica en gañar o Booker, despois de Nadine Gordimer e JM Coetzee, que gañou dúas veces. Damon Galgut xa foi preseleccionado outras dúas veces para o Booker Prize.

Obra Novelas A Sinless Season (1982) Small Circle of Beings (1988) The Beautiful Screaming of Pigs (1991) The Quarry (1995) The Good Doctor (2003) The Impostor (2008) In a Strange Room (2010) Arctic Summer, (2014) Teatro Echoes of Angers Party for Mother Alive and Kicking ''The Green's Keeper

Notas

Categoría:Escritores de Suráfrica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Pretoria Categoría:Nados en 1963