O Tour de Francia 2015 foi a 102ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto. O comezo da rolda gala celebrouse en Utrecht, Países Baixos e finalizou, coma se vén facendo estes últimos 40 anos, na Avenida dos Campos Elisios de París. Unha das novidades desta edición do Tour foi que se recuperaron as bonificacións para todas as etapas en liña (dende o Tour do 2007 non as había), premiando aos tres primeiros de cada etapa con 10, 8 e 6 segundos menos respectivamente.

O gañador final do maillot jaune foi o británico Chris Froome, na segunda posición rematou o colombiano Nairo Quintana e no terceiro lugar quedou o español Alejandro Valverde.

O maillot vert (verde) levouno o sprinter eslovaco Peter Sagan que dominou esta clasificación durante bastante tempo malia non gañar ningunha etapa. O maillot à pois rouges (a puntos vermellos) gañouno o campión, Chris Froome. Na clasificación do maillot blanc (branco) reinou o segundo da clasificación xeral, Nairo Quintana. A clasificación por equipos foi para o equipo navarro do Movistar Team e o premio supercombativo para o xove francés Romain Bardet.

O sprinter alemán André Greipel tamén foi un dos homes importantes da carreira, xa que venceu en catro etapas (unha delas a de París) e vestiu o maillot verde durante varios días.

Equipos participantes Na competición participaron 22 equipos diferentes, 17 da categoría UCI World Tour e 5 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Bretagne-Séché Environnement, Team Europcar e MTN Qhubeka). En total tomaron a saída 198 ciclistas de 22 equipos (9 participantes por equipo). A participación do MTN Qhubeka no Tour, foi histórica porque este conxunto foi o primeiro equipo africano de toda a historia en tomar a saída da volta francesa. EquipoCód.UCICategoríaXefe de filas Astana Pro Team AST UCI World Tour Vincenzo Nibali Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour Jean-Christophe Péraud e Romain Bardet FDJ FDJ UCI World Tour Thibaut Pinot Team Sky SKY UCI World Tour Chris Froome Tinkoff-Saxo TCS UCI World Tour Alberto Contador Movistar Team MOV UCI World Tour Nairo Quintana e Alejandro Valverde BMC Racing Team BMC UCI World Tour Tejay van Garderen Lotto-Soudal LTS UCI World Tour Tony Gallopin Team Giant Alpecin TGA UCI World Tour John Degenkolb e Warren Barguil Team Katusha KAT UCI World Tour Joaquim Rodríguez e Alexander Kristoff Orica GreenEDGE OGE UCI World Tour Simon Gerrans Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour Michał Kwiatkowski Team Europcar EUC Prof.Continental Pierre Rolland Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour Robert Gesink Trek Factory Racing TFR UCI World Tour Bauke Mollema Lampre Merida LAM UCI World Tour Rui Alberto Costa Team Cannondale-Garmin TCG UCI World Tour Andrew Talansky Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental Nacer Bouhanni IAM Cycling IAM UCI World Tour Mathias Frank Bora-Argon 18 BOA Prof.Continental Dominik Nerz Bretagne-Séché Environnement BSE Prof.Continental Eduardo Sepúlveda MTN-Qhubeka MTN Prof.Continental Edvald Boasson Hagen

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 4 de xullo Utrecht- Utrecht 16px 13,8 (CRI) Rohan Dennis Rohan Dennis 2.ª 5 de xullo Utrecht- Neeltje-Jans 166 André Greipel Fabian Cancellara 3.ª 6 de xullo Anveres- Huy 16px|Etapa de media montaña 159,5 Joaquim Rodríguez Chris Froome 4.ª 7 de xullo Seraing-Cambrai 223,5 Tony Martin Tony Martin 5.ª 8 de xullo Arrás-Amiens 189,5 André Greipel Tony Martin 6.ª 9 de xullo Abbeville-Le Havre 191,5 Zdeněk Štybar Tony Martin 7.ª 10 de xullo Livarot-Fougères 190,5 Mark Cavendish Chris Froome 8.ª 11 de xullo Rennes-Mûr-de-Bretagne 16px|Etapa de media montaña 181,5 Alexis Vuillermoz Chris Froome 9.ª 12 de xullo Vannes-Plumelec 16px 28 (CRE) BMC Racing Team Chris Froome 10.ª 14 de xullo Tarbes-La Pierre-Saint-Martin 16px|Etapa de montaña 167 Chris Froome Chris Froome 11.ª 15 de xullo Pau-Cauterets 16px|Etapa de montaña 188 Rafal Majka Chris Froome 12.ª 16 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille 16px|Etapa de montaña 195 Joaquim Rodríguez Chris Froome 13.ª 17 de xullo Muret-Rodez 16px|Etapa de media montaña 198,5 Greg Van Avermaet Chris Froome 14.ª 18 de xullo Rodez-Mende 16px|Etapa de media montaña 178,5 Stephen Cummings Chris Froome 15.ª 19 de xullo Mende-Valence 183 André Greipel Chris Froome 16.ª 20 de xullo Bourg-de-Péage-Gap 201 Rubén Plaza Chris Froome 17.ª 22 de xullo Digne-les-Bains-Pra-Loup 16px|Etapa de montaña 161 Simon Geschke Chris Froome 18.ª 23 de xullo Gap-Saint-Jean-de-Maurienne 16px|Etapa de montaña 186,5 Romain Bardet Chris Froome 19.ª 24 de xullo Saint-Jean-de-Maurienne-La Toussuire (Les Sybelles) 16px|Etapa de montaña 138 Vincenzo Nibali Chris Froome 20.ª 25 de xullo Modane-Alpe d'Huez 16px|Etapa de montaña 110,5 Thibaut Pinot Chris Froome 21.ª 26 de xullo Sèvres-París 109,5 André Greipel Chris Froome Total 3.496 Chris Froome

Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Chris Froome Team Sky 84h 46' 14" 2 Nairo Quintana Movistar Team + 1' 12" 3 Alejandro Valverde Movistar Team + 5' 25" 4 Vincenzo Nibali Astana Pro Team + 8' 36" 5 Alberto Contador Tinkoff-Saxo + 9' 48" 6 Robert Gesink Team Lotto NL-Jumbo + 10' 47" 7 Bauke Mollema Trek Factory Racing + 15' 14" 8 Mathias Frank IAM Cycling + 15' 39" 9 Romain Bardet Ag2r La Mondiale + 16' 00" 10 Pierre Rolland Team Europcar + 17' 30" 11 Andrew Talansky Cannondale-Garmin + 22' 06" 12 Samuel Sánchez BMC Racing Team + 22' 50" 13 Serge Pauwels MTN-Qhubeka + 31' 03" 14 Warren Barguil Giant-Alpecin + 31' 15" 15 Geraint Thomas Team Sky + 31' 39" 16 Thibaut Pinot FDJ + 38' 52" 17 Roman Kreuziger Tinkoff-Saxo + 1h 02' 59" 18 Mikael Cherel Ag2r La Mondiale + 1h 05' 00" 19 Jarlinson Pantano IAM Cycling + 1h 09' 08" 20 Jan Bakelants Ag2r La Mondiale + 1h 16' 36"

Outras clasificacións Clasificación por puntos Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Peter Sagan Tinkoff-Saxo 432 2 André Greipel Lotto-Soudal 366 3 John Degenkolb Giant-Alpecin 298 4 Mark Cavendish Etixx-Quick Step 206 5 Bryan Coquard Europcar 152

Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Chris Froome Sky 119 2 Nairo Quintana Movistar 108 3 Romain Bardet Ag2r La Mondiale 90 4 Thibaut Pinot FDJ 82 5 Joaquim Rodríguez Katusha 78

Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoTempo 25px Nairo Quintana Movistar 84h47' 26" 2 Romain Bardet Ag2r La Mondiale 14' 48" 3 Warren Barguil Giant-Alpecin 30' 03" 4 Thibaut Pinot FDJ 37' 40" 5 Bob Jungels Katusha 1h32' 09"

Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo 25px Movistar Team 255h24' 24" 2 Team Sky 57' 23" 3 Tinkoff-Saxo 1h00' 12" 4 Astana Pro Team 1h12' 09" 5 MTN-Qhubeka 1h14' 32"

Premio da combatividade PosiciónCiclistaEquipo 25px Romain Bardet Ag2r-La Mondiale

Véxase tamén Outros artigos Tour de Francia

Ligazóns externas Páxina oficial do Tour

Categoría:Ciclismo en 2015 Categoría:Tour de Francia