Lyopsetta exilis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos liopsetinos, a única do xénero Lyopsetta.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Trfátase dun peixe mariño, demersal que habita nas costas do Pacífico leste, desde a desembocadura do río Alsek en Alasca, polo norte, até a illa Cedros, na Baixa California, México, a 425 km ao sur da cidade de Ensenada, polo sur.

Taxonomía Xénero O xénero foi descrito en 1885 polos naturalistas estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.Lyopsetta Jordan & Goss, 1885 no WoRMS.

Especie En canto á especie, describírona en 1880 o anteriormente citado Jordan e o ictiólogo, así mesmo estadounidense, Charles Henry Gilbert, baixo o nome de Hippoglossoides exilis.Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880) no WoRMS.

Sinónimo Ademais de polo nome orixinario, e polo actualmente aceptado, a especie foi coñecida tamén polo sinónimo Eopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880).

Características Pode alcanzar alé os 35 cm de lonxitude. A súa columna vertebral está formada por de 42 a 46 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 72 a 78 raios, e a anal por de 57 a 65 raios. A aleta dorsal ten a súa orixe sobre a parte anterior do ollo superior. A aleta caudal é arredondada. As aletas peectorais son pequenas e estreitas.Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880) en FishBase.

Bioloxía Hábitat É un peixe mariño, batidemersal, que vive a profundidades de entre os 25 e os 800 m,Allen, M. J. & G. B. Smith (1988): Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific. NOAA Tech. Rep. NMFS 66. nas proximidades de zonas rochosas.<ref>Clemens, W. A. & G. V. Wilby (1961): Fishes of the Pacific coast of Canada. 2nd ed. Fish. Res. Bd. Canada Bull. 68: 443.</ref>

Distribución Lyopsetta exilis distribúese pola costa leste do Pacífico, desde o suese de Alasca (desde a desembocadura do río Alsek) até o centro da Baixa California, polo que se encontra no Canadá, nos Estados Unidos (estados de Alasca, California, Oregón, e Washington) e en México.De Silva, R.; Milligan, H.; Lutz, M.; Batchelor, A.; Jopling, B.; Kemp, K.; Lewis, S.; Lintott, P.; Sears, J.; Wilson, P.; Smith, J. & Livingston, F. (2000):Lyopsetta exilis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2.

Nutrición A dieta de Lyopsetta exilis inclúe diversos organismos zoobentónicos: crustáceos como krill, misidáceos, anfípodos e camaróns, así como vermes e algúns pequenos peixes.Sempier, Stephen (2003): Slender Sole (Eopsetta exilis), tamén coñecido como Lyopsetta exilis en Marine Species With Aquaculture Potential. Hatfield Marine Science Center.

Pesca Lyopsetta exilis é capturado pola industria da pesca comercial, e está considerado como un bo peixe para a alimentación humana, aínda que se consome en cantidades significativas debido ao seu pequeno tamaño.

Estado de conservación A poboación de Lyopsetta exilis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.Doyle, M. J.; Mier, K. L.; Busby, M. S. & Brodeur, R. D. (2002): "Regional variation in springtime ichthyoplankton assemblages in the northeast Pacific Ocean". Progress in Oceanography '53: 247-281.

Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis de poboación é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesario incluíla nunha categoría de ameaza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes

Ligazóns externas Lyopsetta exilis na EOL. Lyopsetta exilis na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1880