miniatura|Glaucidium passerinum

O mouchiño eurasiático (Glaucidium passerinum) é unha especie de ave de rapina da orde das estrixiformes.

Morfoloxía É a estríxida máis pequena de Europa, case do tamaño dun pardal. Cabeza desproporcionadamente grande e sen disco facial. A plumaxe combina o marrón con manchas brancas de diverso tamaño. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Reprodución Usualmente emprega niños abandonados de petos, que son acondicionados polos proxenitores. Os ovos son chocados exclusivamente pola femia, que é alimentada polo macho. Trátase dunha especie monógama

Nutrición Aliméntase de aves ata o tamaño dun estorniño. Tamén roedores e diversos tipos de réptiles.

Distribución Dende o oeste de Escandinavia ata Siberia e a desembocadura do río Ussuri. Esta presente tamén na Europa Oriental e Suíza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Estrixiformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia