Hippoglossoides platessoides, coñecido en galego como platuxa americana,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81. é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das catro recoñecidas actualmente no xénero Hippoglossoides.Hippoglossoides Gottsche, 1835 no WoRMS.
Visión xeral Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de importancia comercial,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany. que se captura ao longo das costas de ambos os lados do océano Atrlántico norte,"Plaice", en Grolier Encyclopedia of Knowledge, volume 15. Grolier Inc. ISBN 0-7172-5300-7. desde o sur do Labrador e do gran banco de Terra Nova, até as do estado de Rhode Island (Estados Unidos), até as de Islandia e as illas Spitzberg e Nova Zembla, polo norte, incluíndo as do norte de Rusia, Finlandia, Noruega, Suecia e Dinamarca, até o canal da Mancha, polo sur, incluído as das illas Británicas, os Países Baixos, Bélxica e o norte de Francia, até a Bretaña, pasando polas de Groenlandia.Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 260-261.
Vive en fondos brandos, lamacentos ou areosos, os adultos a profundidades de entre os 90 aos 250 m, en augas frías, a temperaturas de entre os -0,5 e os 2,5 °C, alimentándose de invertebrados e pequenos peixes.Hippoglossoides platessoides (Fabricius, 1780) en FishBase.
A Northwest Atlantic Fisheries Organization dos Estados Unidos considera que esta especie está sometida a unha pesca excesiva, e que as súas poboacións non presentan signos de recuperación. Pola súa parte, o goberno canadense cre que é abundante, sendo a segunda especie de peixe plano capturada polos pesdcadores do país, e representa un 50 % das capturas destes peixes dos seus pescadores. Porén, un estudo de 1997 informa que Hippoglossoides platessoides está en perigo de extinción no Canadá debido á sobrepesca.Emmanuelle Bergeron, Jean Huot & Lena N. Measures (1997): "Experimental transmission of Otostrongylus circumlitus (Railliet, 1899) (Metastrongyloidea: Crenosomatidae), a lungworm of seals in eastern arctic Canada". Canadian Journal of Zoology, 75 (9): 1364-1371.
Taxonomía A especie foi descrita en 1780 polo naturalista danés Johan Christian Fabricius, baixo o nome de Pleuronectes platessoides.Hippoglossoides platessoides (Fabricius, 1780) no WoRMS.
Nome específico O nome específico, platessoides, deriva do nome dó xénero Platessa, creado por Cuvier en 1816 e hoxe invalidado, xa que se identifica con Pleuronectes Linnaeus, 1758,Platessa Cuvier, 1816 no WoRMS. ao que se engadiu a desinencia do latín científico -oides, derivado do grego antigo είδοσ eídos, "aspecto", paea indicar a súa semellamza coas especies daquel xénero. miniatura|240px|Cabeza de H. platessoides.
Sinónimos Ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos seguintes sinónimos: Drepanopsetta platessoides (?) Hippoglossoides limanda Gottsche, 1835 Hippoglossoides platessoides limandoides (Bloch, 1787) Hypoglossoides platessoides (Fabricius, 1780) Pleuronectes limandoides Bloch, 1787 Pleuronectes platessoides Fabricius, 1780 (nome orixinal)
Descrición Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo, ovalado. A coloración do seu lado superior, pigmentado, é parda avermellada. O lado inferior, ou cego, é de cor abrancazada.
A aleta dorsal orixínase á altura da metade do ollo superior. A aleta caudal presenta un pequeno alargamento na parte central.
O seu corpo é ovalado, esvelto, e pode alcanzar uns 50 cm de lonxitude, pero os espécimes capturados raramente superan os 40 cm, e un peso de 700 g. A súa boca é grande, e a liña lateral é csse recta. Está cuberto por escamas rugosas. A aleta dorsal orixínase á altura do ollo superior.
A lonxituxe máxima rexistrada foi de 82,6 cm, e o peso máximo, de 6,4 kg.
Hábitat, distribución e bioloxía Hábitat e distribución É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que habita sobre fondos brandos a profundidades de entre os 10 e os 3.000 m,Coad, B. W. and J. D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci. 2674: iv +112 pp. aínda que usualmente entre os 90 e os 250 m,Bowering, W. R. and W. B. Brodie (1991): "Distribution of commercial flatfishes in the Newfoundland-Labrador region of the Canadian Northwest Atlantic and changes in certain biological parameters since exploitation". Neth. J. Sea Res. 27 (3/4): 407-422. en augas frías de entre -0,5 e 10 °C de temperatura, desde os 77° N e os 41° N, e os 72° W e os 55° E, por ambas as beiras do océano Atlántico, desde Groenlandia oriental e o canal da Mancha á costa de Múrmansk (Rusia), polo leste, e desde o sur da península do Labrador (Canadá) e o oeste de Groenlandia até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).Robins, C. R. and G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.
Bioloxía Reprodución No mar do Norte alcanzan a madureza sexual aos 2 ou 3 anos, cando miden de 15 a 20 cm. No mar de Barents e nas costas de Groenlandia a taxa de crecemento é moito máis baixa. As femias medran máis rápído que os machos. A reprodución ocorre en primavera en case toda a súa área de distribución, e a desova prodúcese a profundidades de entre os 1100 e os 200 m. Cada femia produce entre 50 000 e 300 000 ovos, que son peláxicos e miden de 2 a 3 m m de diámetro. Os ovos eclosionan aproximadamente ás 2 semanas da desova, dando lugar a larvas, igualmente peláxicas, que miden case 5 mm. cando as larvas alcanzan 20 ou 30 mm, fanse bentónicas, migrando cara a fondos de 40 a 100 m.
Nutrición
Aliméntanse de equinodermos (ourizos, ofiúras), vermes, crustáceos e pequenos peixes. Pola súa perte, a especie serve de alimento a bacallaus, halibuts, marucas e raias.
Lonxevidade
A idade máxima rexistrada para esta especie foi de 30 anos.
Usos Captúrase sobre todo na área de pesca 21 (Atlántico noroeste), como pesca accesoria nos arrastreiros e, aínda que segundo Muus et al, se utilíza case exclusivamente na produción de fariña de peixe, xa que o seu corpo é delgado e a carne a miúdo acuosa. o certo é que esta platuxa se comercializa en fresco e conxelada, e consómese cocida ao vapor, frita, e asada ao forno, e en microondas.Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Fishing News Books. Oxford, England: Osney Mead. ISBN 0-85238-213-8.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald e H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company. Gill, T. N. (1861): "Catalogue of the fishes of the eastern coast of North America, from Greenland to Georgia". Proc. Acad. Nat. Sci. Phila. vol. 13 (Suppl.), pp 1–63. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos Hippoglossoides
Ligazóns externas Hippoglossoides platessoides na Encyclopedia of Life. Hippoglossoides platessoides en Animal Diversity Web.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1780 Categoría:Produtos da pesca