Gorka Urtaran Agirre, nado en Vitoria o 21 de decembro de 1973, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Vitoria.

Biografía Gorka Urtaran naceu en Vitoria o 21 de decembro de 1973. Cursou os seus estudos no colexio San Viator da capital arabesa e licenciouse en socioloxía no ano 1998 pola Universidade do País Vasco. Afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1994 e foi elixido concelleiro en Vitoria no ano 2011, onde é o voceiro do PNV.

Nas eleccións de 2015, foi o candidato da súa formación á alcaldía de Vitoria. Obtivo o terceiro posto, por detrás do Partido Popular e EH Bildu.Resultados electorais de 2015. Vitoria-Gasteiz . Ministerio del Interior. Logrou o apoio de EH Bildu e o PSE-EE para ser elixido alcalde. Finalmente, foi elixido co apoio de PNV, EH Bildu, Irabazi (coalición de Equo e Ezker Anitza) e Sumando-Hemen Gaude (candidatura apoiada por Podemos).Urtaran logra a alcaldía de Vitoria apoiado por EH Bildu, Podemos e Irabazi , El Correo, 13 de xuño de 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Alcaldes de Vitoria Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco