Ferrer Bassa, tamén documentado como Jaume Ferrer Bassa, nado en Les Gunyoles (?),Diversos documentos referidos a personaxes chamados «Ferrer Bassa» entre os séculos XII-XIV sitúan as súas orixes familiares na zona de Avinyonet del Penedès. En , chégase a precisar que puido nacer no máis coñecido como "Castelo de Les Gunyoles". 1285, e finado en Barcelona en 1348, foi un pintor e miniaturista da Coroa de Aragón, onde traballou de xeito intenso para a corte de Afonso IV de Aragón e Pedro IV de Aragón.

Ferrer Bassa abandonou a inicial influencia francogótica e, coma outros pintores da Coroa de Aragón, recibiu tanto a influencia da escola florentina como da escola sienesa, despois de entrar en contacto con estes movementos durante unha estadía en Italia. Considéraselle, xunto co seu fillo Arnau, coma o fundador do principal obradoiro de italianismo pictórico en Barcelona e da Coroa de Aragón.

Os historiadores de comezos do século XX chamárono o «Giotto catalán». Hai datos da súa biografía nas cidades de Zaragoza e Barcelona entre os anos 1324 e 1348, cando se cre que morreu de peste xunto co seu fillo Arnau Bassa.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Pintores do Gótico Categoría:Nados en 1285 Categoría:Finados en 1348