O Casco Antiguo/Alde Zaharra, nome oficial da zona vella de Pamplona, Casco Antiguo ou Casco Viejo en castelán, Alde Zaharra en éuscaro, é o barrio histórico da cidade de Pamplona, capital da Comunidade Foral de Navarra. Está situado no corazón da cidade na porción máis alta da meseta e nel áchanse os principais momumentos da cidade. En 2008 tiña unha poboación de 11.792 habitantes.
Situación O Casco Antiguo/Alde Zaharra de Pamplona encóntrase no centro da cidade e sobre unha meseta sobre a que se asenta gran parte da cidade, dominando a Cuenca de Pamplona. Está ben comunicado cos barrios de novo desenvolvemento, xa que a maioría das Villavesas (liñas de autobús) que atravesan a cidade teñen paradas no límite da zona vella, fundamentalmente no Paseo de Sarasate. Actualmente está en estudo un achegamento dalgunhas liñas a outros puntos do Casco Antiguo/Alde Zaharra, a petición dos comerciantes.
É unha zona peonil, e por iso tan só circulan polo seu interior vehículos destinados a limpeza, transporte, coches privados cuxo aparcadoiro estea no interior do barrio e vehículos de mantemento. Para todos os demais vehículos está prohibida a entrada para manter o carácter peonil da zona.
Historia A antiga cidade desenvolveuse dende época romana no espazo que hoxe coñecemos como La Navarrería, baixo unha pequena elevación, protexida ao norte e ao nordés polo ámbito do río Arga. Esta localización estratéxica foi crecendo e na Alta Idade Media formáronse xunto a ela dous novos núcleos de poboación, un composto fundamentalmente por inmigrantes de Occitania e o sur de Francia e o outro con xentes de diversas procedencias.
Estes tres núcleos, a Cidade de La Navarrería, o Burgo de San Cernin e a Poboación de San Nicolás, son os que tras séculos de enfrontamentos foron unificados durante o reinado de Carlos III o Nobre, en 1423, polo chamado Privilexio da Unión, nunha soa cidade cunha única administración municipal. É esta zona a que hoxe constitúe o Casco Antiguo/Alde Zaharra de Pamplona, no que aínda poden percibirse as vellas divisións dos Burgos mencionados.
Lugares de interese dereita|miniatura|Catedral de Santa María. Catedral de Santa María Igrexa de San Saturnino Capela de San Felipe Neri Praza Consistorial Igrexa de San Lorenzo Igrexa de San Nicolás Cámara de Comptos de Navarra Praza del Castillo Praza de San Francisco Edificio La Agrícola Escolas de San Francisco Palacio de Ezpeleta Palacio del Condestable
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Barrios de Pamplona Categoría:Distritos históricos