Ai Weiwei (en , en pinyin: Ài Wèiwèi), nado en Pequín o 28 de agosto de 1957 é un artista e activista chinés.
Traxectoria Primeiros anos Nado en 1957, é fillo dun poeta chinés comunista, pero logo enfrontado co réxime de Mao e non se lle permitía vivir no mesmo sitio durante moito tempo, polo que tiñan que mudarse cada certo tempo.
Obra Ai colaborou cos arquitectos suízos Herzog & de Meuron como asesor artístico do Estadio Nacional de Pequín para os Xogos Olímpicos de 2008. Como activista político, é abertamente crítico coa postura do Goberno chinés sobre democracia e dereitos humanos. Investigou a corrupción e os encubrimentos do goberno, en particular no escándalo de corrupción das escolas de Sichuan que seguiu ó Terremoto de Sichuan de 2008.Osnos, Evan, "It's Not Beautiful", The New Yorker, 24 de maio de 2010 pp.54–63. No 2011, despois de ser arrestado no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital o 3 de abril, estivo detido durante 81 días sen cargos oficiais, aludindo os funcionarios a denuncias de "delitos económicos", tras a devolución do seu pasaporte en 2015, Ai trasladouse a Berlín onde mantivo un grande estudio nunha antiga fábrica de cervexa. Viviu no estudio e utilizouno como base para o seu traballo internacional. Ai forma parte do Consello de Asesores do Comité para a Liberdade de Hong Kong (CFHK).
Foi o autor da película documental Coronation, filmada en Wuhan durante o confinamentoAi Weiwei em entrevista exclusiva esta sexta-feira ao Ípsilon: “A China é como um vírus”, por Alexandra Prado Coelho, Publico, 2 de Setembro de 2020, 20:12 debido a ser primeira cidade no mundo en ser atinxida pola pandemia de COVID-19.O novo filme de Ai Weiwei é um retrato da covid-19 em Wuhan, onde tudo começou, por Daniel Dias, Publico, 23 de Agosto de 2020, 17:30
Vida en Europa En 2019, anunciou que deixaría Berlín, dicindo que Alemaña non é unha cultura aberta. En setembro de 2019 mudouse a vivir a Cambridge, Inglaterra.
A partir de 2021, Ai Wei Wei vive en Montemor-o-Novo, Portugal. De xullo de 2021 ao 6 de febreiro de 2022 expuxo obra no Museu Serralves do Porto (tamén no Parque, até xullo de 2022).
Aínda mantén unha base en Cambridge, onde o seu fillo asiste á escola, e un estudo en Berlín. Ai dixo que permanecerá en Portugal a longo prazo "a non ser que suceda algo".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Pequín Categoría:Nados en 1957 Categoría:Artistas da China Categoría:Alumnos da Art Students League of New York