El Primitivo foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1905 e 1911.
Historia e características Subtitulado Revista mensual. Propiedad del Orfeón Gallego Primitivo, apareceu o 1 de decembro de 1905. Publicación editada polo Orfeón Gallego Primitivo, estaba dirixido por A. Estrach e N. Rodríguez. Pretendía achegar a realidade de Galicia aos seus asociados e facer unha defensa dos seus intereses. Polemizou sobre o galeguismo e o nacionalismo catalán. O número 30 é un extraordinario dedicado a conmemorar o centenario do 2 de maio de 1808.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires