Wolfgang Petersen, nado en Emden o 14 de marzo de 1941 e finado en Brentwood (Os Ánxeles) o 12 de agosto de 2022, foi un director e guionista alemán.
Traxectoria Petersen debutou no cinema en 1974 co suspense psicolóxico Einer von uns beiden, protagonizada por Jürgen Prochnow. O seguinte filme, Die Konsequenz (1977), adaptación da novela autobiográfica de Alexander Ziegler. No seu momento o filme, sobre o amor homosexual, foi considerado radical no seu país.
En 1982 estreouse o filme bélico O submarino, que narra as experiencias da tripulación dun submarino alemán durante a Batalla do Atlántico. O filme recibiu moi boas críticas e foi candidato a seis premios Oscar, incluíndo os de mellor director e mellor guión adaptado para o propio Petersen.
Tras The NeverEnding Story (1984), primeiro filme en inglés, mais rodado en Alemaña, dirixiu xa en Hollywood Enemy Mine (1985), que non foi un éxito. Volveu triunfar en 1993 con In the Line of Fire, con Clint Eastwood.
Dirixiu ademais filmes de acción como Air Force One e A tormenta perfecta.
Filmografía Ano Filme Director Produtor Guionista1974Einer von uns beiden1977Die Konsequenz1978Schwarz und weiß wie Tage und Nächte1981O submarino1984The NeverEnding Story1985Enemy Mine1991Shattered1993In the Line of Fire1995Estalido1997Air Force One2000A tormenta perfecta2004Troia2006Poseidon 2016 Vier gegen die Bank
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2022