Joel David Katz, nado en Cleveland (Ohio) o 11 de abril de 1932 é un actor, cantante, bailarín e fotógrafo estadounidense coñecido como Joel Grey.

Traxectoria Grey naceu en Cleveland, fillo de Goldie "Grace" Epstein e Mickey Katz, actor, cómico e músico xudeu.Stratton, Bert (July 25, 2012). "MICKELE : Mickey Katz lives". Cleveland Jewish News."KATZ, MEYER MYRON - The Encyclopedia of Cleveland History". Case Western Reserve University. 17 de xullo de 1997. Comezou a súa carreira no teatro infantil a principios da década de 1940.

Grey orixinou a personaxe do mestre de cerimonias no musical de Broadway Cabaret en 1966, papel polo que gañou un Tony e que na súa adaptación cinematográfica tamén lle valeu un Oscar e un Globo de Ouro ao mellor actor secundario, sendo un dos oito actores que gañaron un Tony e un Oscar polo mesmo papel.

Interpretou tamén o mestre de sinanju Chiu en Remo, desarmado e perigoso (1985) e un demo no último episodio da serie Dallas (1991).Carter, Bill. "So 'Dallas' is Finally Over. Or Is It?", The New York Times, 6 de maio de 1991, p.C14 En 1995 tivo unha actuación especial en Star Trek: Voyager e en 2000 interpretou a Oldrich Novy no filme Dancer in the Dark. Tamén tivo unha personaxe recorrente na serie Buffy the Vampire Slayer como o demo reptiliano Doc en 2001.

É o pai da tamén actriz Jennifer Grey.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas1952About FaceBender1957Calypso Heat WaveAlex Nash1961Cando chegue setembroBeagle1972CabaretMestre de cerimonias 1972 Man on a String Telefilme1974Man on a SwingFranklin Wills1976The Seven-Per-Cent SolutionLowenstein1976Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History LessonNate Salsbury1985Remo, desarmado e perigosoChiun "Master of Sinanju"1991KafkaBurgel1992Tom and Jerry: The MovieNarrator1993The Music of ChanceWilly Stone1994The DangerousFlea1995Venus RisingJimmie1996The Empty MirrorJoseph Goebbels1996My Friend JoeSimon1999A Christmas CarolPantasma do Nadal pasado2000The FantasticksAmos Babcock Bellamy2001Dancer in the DarkOldrich Novy2001Reaching NormalDr. Mensley2008ChokePhil

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Joel Grey papers, 1904-2001 (bulk 1949-2001), New York Public Library for the Performing Arts TonyAwards.com Entrevista con Joel Grey

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Ohio Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1932 Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América