Paul Thomas Anderson, nado en Studio City, un barrio dos Ánxeles (California) o 26 de xuño de 1970 é un director, guionista e produtor estadounidense.

Traxectoria Paul Thomas Anderson naceu en 1970, fillo de Edwina Gough e Ernie Anderson. Ernie foi actor de voz e presentador dun programa de terror en Cleveland titulado "Ghoulardi" (que logo daría nome á produtora de Paul Thomas Anderson). Anderson creceu no Val de San Fernando. Tivo unha relación complexa coa súa nai, máis estaba próximo ao seu pai, que o apoiou para converterse en guionista e director. Estivo involucrado na creación de cinema e nunca tivo outro plan que ser director. Fixo o seu primeiro filme con oito anos e comezou a gravar vídeos coa cámara Betamax que o seu pai comprou en 1982. Comezou a escribir na adolescencia.

Escribiu e filmou a súa primeira produción real no instituto usando o diñeiro que gañou limpando gaiolas nunha tenda de animais. O filme foi un falso documental de trinta minutos titulado The Dirk Diggler Story (1988), sobre un actor pornográfico inspirado en John Holmes, que foi tamén a inspiración para Boogie Nights.

Anderson pasou dous semestres no Emerson College e dous días na Universidade de Nova York antes de comezar a súa carreira como axudante de produción en telefilmes, vídeos musicais e concursos. Con algún diñeiro que gañara en apostas, a tarxeta de crédito da súa moza e 10 000 dólares que o seu pai gardara para a universidade decidiu facer un filme de vinte minutos que sería a súa "universidade". O filme foi Cigarettes & Coffee (1993), que se viu no Festival de Sundance de 1993.

En 1996 realizou a súa primeira longametraxe, Sydney, retitulada como Hard Eight. O filme foi exhibido na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.

O filme que lanzou a Anderson foi Boogie Nights (1997), que tamén reviviu a carreira de Burt Reynolds e deu os seus primeiros grandes papeis a Mark Wahlberg e Julianne Moore.

Tralo éxito de Boogie Nights, a produtora New Line dixo a Anderson que podía facer o que quixese no seu seguinte filme e deulle o control creativo. A pesra de que inicialmente Anderson quixo facer un filme "pequeno e íntimo", o guión creceu e converteuse no filme coral Magnolia (1999). A continuación decidiu que quería traballar con Adam Sandler nun filme de noventa minutos. Foi a comedia romántica Punch-Drunk Love (2002), con Emily Watson.

There Will Be Blood (2007) estaba en parte baseado na novela Oil!, de Upton Sinclair e valeulle a Daniel Day-Lewis o Oscar ao mellor actor. The Master (2012) trata sobre un "intelectual carismático" que comeza unha nova relixión na década de 1950. Aínda que o filme non fai ningunha referencia, está "amplamente asumido que está baseado na Ciencioloxía." O seguinte traballo foi Puro vicio (2014), baseada na novela de Thomas Pynchon.

Filmografía Longametraxes AnoFilmeAcreditado comoRotten TomatoesMetacriticDirectorGuionistaProdutor 1996 Hard Eight (tamén coñecida como Sydney) 83%78 1997 Boogie Nights 92%85 1999 Magnolia 84%77 2002 Punch-Drunk Love 79%78 2007 There Will Be Blood 91%92 2012 The Master 85%86 2014 Puro vicio 72%81 2017 Phantom Thread Media 84% 82

Documentais Junun (2015)

Curtametraxes The Dirk Diggler Story (1988) Cigarettes & Coffee (1993) Flagpole Special (1998) Couch (2002)

Vídeos musicais "Try" by Michael Penn (1997) "Across the Universe" by Fiona Apple (1998) "Fast as You Can" by Fiona Apple (1999) "Save Me" by Aimee Mann (1999) "Limp" by Fiona Apple (2000) "Paper Bag" by Fiona Apple (2000) "Here We Go" by Jon Brion (2002) "Hot Knife" by Fiona Apple (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cigarettes & Red Vines - The Definitive Paul Thomas Anderson Resource Perfil en Esquire

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1970