Michel Dahmani, coñecido comoTony Gatlif, nado en Alxer o 10 de setembro de 1948 e finado en Arles o 2 de setembro de 2026, foi un director de cinema francés de orixe romaní que tamén traballou como guionista, compositor, actor e produtor.

Traxectoria Gatlif naceu en Alxer, de pai cabilo e nai romaní. Trala súa infancia en Alxeria, chegou a Francia en 1960 trala guerra de independencia de Alxeria.

Gatlif loitou durante anos para entrar na industria do cinema, traballando en varias producións teatrais ata que dirixiu o seu primeiro filme, La Tête en ruine, en 1975. Seguiuno co filme de 1979 La Terre au ventre, historia ambientada na guerra de Alxeria.

Desde que dirixiu Corre, gitano (1981) a obra de Gatlif centrouse no pobo romaní de Europa. Tras Gaspard et Robinson (1990), Gatlif pasou os anos 1992 e 1993 filmando Latcho Drom, que recibiu numerosos premios. Esta longametraxe musical, trata a cultura xitana polo mundo a través da súa música e a súa danza. Un ano máis tarde, levou á pantalla o mundo do escritor J. M. G. Le Clézio en Mondo (1994).

O seu filme de 2004 Exils, gañou o premio ao mellor director no festival de Cannes. O seu filme Transylvania tamén se estreou en Cannes.

Filmografía Guionista La Rage au poing (1975)

Director e guionista La Tête en ruine (1975) La Terre au ventre (1978) Corre gitano (1981) Canta gitano (1981) Les Princes (1982) Rue du départ (1985) Pleure pas my love (1989) Gaspard et Robinson (1990) Latcho Drom (1993) Mondo (1995) O estranxeiro tolo (1997) Je suis né d'une cigogne (1998) Vengo (2000) Swing (2001) Exils (2004) Transylvania (2006) Korkoro (2009) Indignados (2012) Geronimo (2014) Djam (2017) Tom Medina (2021) Ange (2025)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en Alxer Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2026