Klaus Ebner, nado en Viena o 8 de agosto de 1964, é un escritor austríaco en lingua alemá e, tamén, un poeta en catalán. A súa obra consta de narrativa, ensaio e poesía.
Traxectoria
Durante a década de 1980 publicou libros especializados sobre software e algúns primeiros textos literarios en revistas. Traduciu obras literàrias do francés e do catalán ó alemán. É socio de asociacións austríacas de escritores, como por exemplo a Grazer Autorinnen Autorenversammlung, e da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana. A súa obra inclúe ensaios culturais sobre o eido catalán e narracións que tratan de tradicións xudeas. A súa primeira colección de contos (en alemán) apareceu no 2007. No 2008 publicou a novela curta Hominide e no ano seguinte o seu primeiro poemario en catalán. Ebner recibiu diversos premios de literatura en Austria, por exemplo o Premio de Xuvendade Erster Österreichischer Jugendpreis de 1982 e o premio Wiener Werkstattpreis de 2007.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Viena Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua catalá