Alberto Varela Paz, nado en Vilagarcía de Arousa en 1975, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria É licenciado en Dereito. Traballou como asesor xurídico de Urbanismo no Concello de Vilagarcía desde 2006. Tras gañar unhas primarias en novembro de 2014 foi candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2015, obtendo 8 concelleiros e sendo elixido alcalde como candidato da lista máis votada, gobernando en minoría con apoios puntuais. Nas eleccións de 2019 foi reelixido alcalde cunha maioría absoluta de 12 concelleiros. En novembro dese mesmo ano converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nas municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta ao baixar a 9 concelleiros, sendo reelixido alcalde co apoio do BNG. En novembro dese ano foi reelixido presidente da FEGAMP.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes