Juventino José Trigo Rey, nado en Fene en 1962, é un político galego do BNG e alcalde de Fene.

Traxectoria Foi aprendiz en Astano. Rexenta unha asesoría en Perlío. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Fene e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, Somos Fene e EU. O 6 de abril de 2018 prosperou unha moción de censura proposta polo PP que fixo recuperar o posto a Gumersindo Galego Feal.

Nas eleccións municipais de 2019 a súa candidatura obtivo o mesmo número de concelleiros que o PP, aínda que a alcaldía continuou en mans de Gumersindo Galego, ata que, por unha moción de censura apoiada polo BNG, o PSdeG-PSOE e EU no 7 de febreiro de 2020, foi novamente elixido alcalde de Fene. En maio de 2025 anunciou que deixaba a alcaldía por motivos persoais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Fene

Categoría:Alcaldes de Fene Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1962