Atheresthes evermanni é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, subfamilia dos pleuronectinos,Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 no WoRMS. unha das dúas que integran o xénero Atheresthes,Atheresthes Jordan & Gilbert, 1880 no WoRMS. coñecida en galego como palmeta xaponesa.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.

Taxonomía A especie foi descrita en 1904 polos ictiólogos norteamericanos David Starr Jordan e Charles Henry Gilbert.Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2006): Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 en FishBase.

Porén, o SIIT considera inválido o nome da especie Atheristhes evermanni' Jordan & Starks, 1904, xa que identifica o xénero Atheristhes con Reinhardtius Guill, 1861 e, polo tanto, este servizo denomina a especie como Reinhardtius evermanni (Jordan & Starks, 1904).Atheresthes evermanni Jordan and Starks, 1904 no SIIT.

Características Corpo ovalado, deprimido, de perfil romboidal (sobre todo polas aletas dorsal e anal, que son máis altas na rexión central do corpo). Pode alcanzar unha lonxitude máxima de até 1 m,Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno and T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokyo, Japan: Tokai University Press. aínda que usualmente os exeplares capturados roldan como máximo os 54 cm,Fadéev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok: TINRO-Center. e chegar a pesar até 8,5 kg. A súa boca é moi grande. A aleta dorsal ten de 98 a 116 raios, e a anal, de 76 a 94. A aleta caudal é forte e de contorno semilunar.

Hábitate e distribución É un peixe mariñlo, demersal, que vive en augas temperadas do Pacífico norte, a profundidades de entre os 20 e os 1200 m, entre os 32° N até os 66° N, desde o mar do Xapón e o mar de Okhotsk cara ao norte até o golfo de Anádyr e, a través do mar de Bering, até as illas Aleutianas e o estreito de Shelikof (entre a costa suroeste de Alasca e as illas Kodiak e Afognak), en Alasca.

No leste da súa área de distribución, as poboacións da palmeta xaponesa coinciden coas da palmeta do Pacífico (Atheresthes stomias e, a similitude entre ambas as dúas especies fixeron que non se distinguisen na pesca comercial até o ano 2007.Wilderbuer, Thomas K.; Nichol, Daniel G. & Lauth, Robert (2010): Kamchatka Flounder. NPFMC Bering Sea and Aleutian Islands SAFE. Alaska Fisheries Science Center.

Bioloxía Nutrición

A dieta da palmeta xaponesa consiste en peixes e diversos animais bentónicos, como luras, sepias, gambas, camaróns, anfípodos, misidáceos, e moitos moluscos e vermes mariños,Yang, M. S. & Livingston, P. A. (1986): "Food habits and diet overlap of two congeneric species, Atheresthes stomias and Atheresthes evermanni, in the eastern Bering sea". Fish. Bull. 82 (3): 615–623. aínda que a máis importante das súas presa é o abadexo de Alasca (Gadus chalcogramma), que representou do 63 ao 86 % do contido estomacal nun estudo realizado por Wilderbuer et al.

Predadores A palmeta xaponesa encontrouse nos estómagos de só 17 especies diferentes de peixes no mar de Bering e as illas Aleutianas, entre eles o bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus), o hipogloso do Pacífico (Hippoglossus stenolepis), o abadexo (Pollachius pollachius), algúns escorpeniformes e do seu próximo parente a palmeta do Pacífico Atheresthes stomias.

Lonxevidade Pode alcanzar unha lonxevidade de, polo menos, os 33 anos.Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.

Pesca A palmeta xaponesa é unha importante especie pesqueira que se captura activamente na súa área de dispersión, o Pacífico noroeste. A súa importancia económica desenvolveu un amplo mercado. As súas capturas aumentaron de 1.183 t en 2007 a 19.662 t en 2010 (antes de 2007, como quedou dito, a especie non se distinguían, desde o punto de vista pesqueiro, as dúas especies do xénero Atheresthes); estímase que aproximadamente o 10 % da capturas de Atheresthes stomias eran de palmeta xaponesa. A biomasa total estimouse en 128.800 t en 2010.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50''': 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Atheresthes Atheresthes stomias''

Ligazóns externas Atheresthes evermanni en Encyclopedia of Life. Atheresthes evermanni no NCBI. Imaxes de Atheresthes evermanni en FishBase.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1904