Vasyl VelychkovskyiTamén citado como Vasyl Vsevolod Velychkovsky e Wasyl Wełyczkowski. (en ), nado en Stanislau (Austria-Hungría) o 1 de xuño de 1903 e finado en Winnipeg o 30 de xuño de 1973, foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo auxiliar de Lviv entre 1959 e 1973, beatificado en 2001 por Xoán Paulo II.

Traxectoria O 29 de agosto de 1925 profesou na Congregación do Santísimo Redentor, e o 9 de outubro foi ordenado sacerdote da mesma polo auxiliar de Lviv Yosyf Botsian. En 1942 chegou a ser abade do mosteiro de Ternopil, mais o NKVD arrestouno en 1945. Foi condenado a morte, mais a súa sentenza foi trocada por 10 anos de traballos forzados.

O 4 de febreiro de 1963 o metropolita Yosyf Slipyi, antes de ser expulsado do país polos soviéticos, ordenouno nun hotel de Moscova bispo auxiliar e locum tenens de Lviv. En 1969 foi arrestado novamente, e permaneceu na cadea até a súa liberación e expulsión do país en 1972. Finou en Winnipeg o 30 de xuño de 1973.

Culto Foi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001 na súa viaxe a Ucraína. A súa festa celébrase o 27 de xuño, xunto a Mykolai Charnetskyi e 24 compañeiros.Burns (ed.) (2001), pp. 74-82.

Trinta anos logo do seu pasamento, o seu corpo foi achado case incorrupto. Os seus restos descansan na igrexa ucraína de San Xosé, en Winnipeg.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Ivano-Frankivsk Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 1973 Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Redentoristas de Ucraína