miniatura|Peixeira portando unha patela sobre a cabeza. Homenaxe á Muller Traballadora, de Gonzalo Sánchez Mendizábal na Pobra do Caramiñal. Unha patela é unha cesta cadrada de bordo baixo feita con tiras de madeira. As peixeiras utilizaban este tipo de cestas para transportar e exhibi-lo peixeCesto (patela). Museo del Traje. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España..
Fabricación Elabórase coa técnica de tecido plano empregando tiras de madeira de castiñeiro. A boca remátase dobrando a urda e reforzándoa con dúas varas que van cosidas mediante unha tira en espiral. Leva dous buratos confeccionados a modo de asas.
A patela na cultura popular galega A peixeira é unha das figuras máis representativas da cultura mariñeira de Galicia, aparece case sempre representada cunha patela sobre a cabeza, sendo o elemento que mellor as define. Hai diversas esculturas por todo Galicia onde podemos contemplar figuras de peixeiras portando patelas. De igual xeito, nas latas de conserva de Rianxeira e A ChurrusquiñaLata de xoubas A Churrusquiña. aparece representada unha peixeira cunha patela na cabeza.
Refraneiro Cesta patela, arrumba máis que levaBoletín nº 72 - Folk-lore. Adagios populares (1913). Boletín da Real Academia Galega..
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Pesca