A igrexa catedral da Asunción da Virxe é a catedral renacentista de Xaén, sede do bispado de Xaén, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Atópase na praza de Santa María, fronte ó Palacio Municipal e ó Palacio Episcopal. A catedral actual foi concibida no século XVI para substituír o anterior templo gótico do século XV. A construción prolongouse durante varios séculos, e malia isto, a idea orixinal ficou intacta. Destacan a sala capitular e a sancristía, que son a obra cumio de Andrés de Vandelvira, e unha da obras máis importantes do renacemento español. Tamén é sobresaínte a súa fachada principal, unha das principais obras do barroco español, construída trala consagración do templo en 1660. Destaca tamén o coro neoclásico.
A Catedral de Xaén aspira na actualidade a converterse en Patrimonio da Humanidade, xa que serviu de modelo para a construción doutras catedrais de España e América.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Xaén Xaén Categoría:Igrexas católicas de España