Estelle Margaret Parsons, nada en Lynn (Massachusetts) o 20 de novembro de 1927 é unha actriz e presentadora de televisión estadounidense.

Traxectoria Parsons naceu en Massachusetts, filla de Elinor Ingeborg, nada en Suecia, e de Eben Parsons, de orixe inglesa."The Passion of Estelle Parsons" , nyc-plus.com; consultado o 3 de maio de 2014. Tras graduarse no Connecticut College en 1949 comezou a estudar dereito na Universidade de Boston e traballou como cantante antes de iniciar a súa carreira interpretativa a principios da década de 1950.http://www.playbill.com/news/article/stage-to-screens-chats-with-estelle-parsons-mary-mccormack-and-bryan-batt-151939 consultado o 10/16/14

Cando se instalou na cidade de Nova York traballou como guionista, produtora e comentarista para The Today Show e debutou en Broadway en 1956 no musical de Ethel Merman Happy Hunting. Desde 1961 actuou tamén no off-Broadway. Como directora produciu obras en Broadway coma Romeu e Xulieta, Macbeth e Ao voso gusto en 1986. No Off-Broadway dirixiu Orgasmo Adulto Escapes from the Zoo, de Dario Fo (1983).

En 1967 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación de Blanche Barrow en Bonnie e Clyde.

Na televisión participou en series coma Roseanne, Frasier ou The Good Wife.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1963 Ladybug Ladybug Nai de JoAnn 1967 Bonnie e Clyde Blanche 1968 Rachel, Rachel Calla Mackie 1969 Don't Drink the Water Marion Hollander 1970 Watermelon Man Althea Gerber 1970 I Never Sang for My Father Alice 1970 I Walk the Line Ellen Haney 1973 Two People Barbara Newman 1974 For Pete's Sake Helen Robbins 1975 Fore Play 1st Lady/Barmaid 1989 The Lemon Sisters Mrs. Kupchak 1990 Dick Tracy Mrs. Trueheart 1990 The Blue Men May 1996 Looking for Richard Margaret 1995 Boys on the Side Louise 1997 That Darn Cat Old Lady McCracken

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Nados no condado de Essex, Massachusetts Categoría:Nados en 1927 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa