O ADN C ou C-DNA ou forma C do ADN é unha das moitas posibles estruturas en dobre hélice que pode adoptar o ADN. Esta forma de ADN pode observarse en certas condicións como en condicións de humidade relativamente baixa e en presenza de certos ións, como o Li+ ou Mg2+.
Investigacións recentes indican que tanto o ADN C coma o ADN B constan de dúas conformacións de nucleótidos distintas, chamadas B-I e B-II. A proporción da conformación B-II no ADN C é de máis do 40%. Porén, a proporción da conformación B-II no ADN B é de só un 10%.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ADN B ADN A ADN Z Propiedades mecánicas do ADN
Categoría:ADN