Jack Clayton, nado en Brighton o 1 de marzo de 1921 e finado en Berkshire o 26 de febreiro de 1995, foi un director de cine británico.

Traxectoria Clayton naceu en Brighton,Clayton, Jack (1921–1995), BFI screenonline e comezou a súa carreira cinematográfica coma actor infantil no filme Dark Red Roses (1929). Renunciando á súa aspiración de converterse en patinador de velocidade<ref name="independent.co.uk">[http://www.independent.co.uk/news/people/obituary-jack-clayton-1575206.html Tony Sloman, "Obituary: Jack Clayton", The Independent", 28 de febrero de 1995]</ref> uniuse aos Denham Film Studios de Alexander Korda en 1935, aos catorce anos,Brian McFarlane (ed.) The Encyclopedia of British Film, Londres: Methuen/BFI, 2003, p.125 subindo desde mozo dos recados ata axudante do director e montador.

Durante a guerra, traballou en moitos filmes destacados como Wings of the Morning (1937), primeiro filme británico en cor, e con directores estadounidenses de visita no país, coma Thornton Freeland en Over the Moon (1939) e Tim Whelan en Q Planes (1939). Como segundo axudante de director coordinou as tres unidades da produción de Korda The Thief of Baghdad (1940). Tamén gañou experiencia na montaxe axudando a David Lean.

Clayton dirixiu o seu primeiro filme, o documental Naples is a Battlefield (1944), mentres servía na Royal Air Force durante a segunda guerra mundial. A principios da década de 1950 converteuse en produtor asociado para Romulus Films, traballando en filmes como Moulin Rouge (1952) e Beat the Devil (1953), de John Huston.

En 1956 gañou o Oscar á mellor curtametraxe con The Bespoke Overcoat, o seu segundo filme como director, baseado nun relato de Nikolai Gogol.

A súa primeira longametraxe foi Room at the Top (1959), proxecto que herdou do director Peter Glenville, e que foi un éxito comercial e de crítica. A súa distribución nos Estados Unidos converteu a Clayton dun dos directores do momento, fixo unha estrela do seu protagonista, Laurence Harvey e inaugurou unha serie de filmes realistas da New Wave británica.

Seguindo a pauta que dirixiu a súa carreira, cambiou totalmente de estilo de filme no seu seguinte proxecto, a historia de pantasmas Suspense (1961), adaptada por Truman Capote a partir do relato de Henry James Outra volta á torniqueta. Ao que seguiu The Pumpkin Eater (1964), adaptado por Harold Pinter, e que supuxo a primeira colaboración de Clayton co músico Georges Delerue, ademais da primeira aparición da actriz Maggie Smith.

Entre 1968 e 1982 só completou un filme, The Great Gatsby (1974), o filme máis caro da carreira de Clayton, que tamén foi o seu filme de máis éxito comercial.

Tras sufrir un infarto en 1977 volveu ao cinema en 1982. O seu último filme foi The Lonely Passion of Judith Hearne (1987), mais volveu reunirse con Maggie Smith e Georges Delerue en 1992 para o telefilme Memento Mori.

Filmografía Director Naples is a Battlefield (1944, documental) The Bespoke Overcoat (1956, curtametraxe) Room at the Top (1959) Suspense (1961) The Pumpkin Eater (1964) Our Mother's House (1967) O gran Gatsby (1974) Something Wicked This Way Comes (1983) The Lonely Passion of Judith Hearne (1987) Memento Mori (1992)

Notas

Véxase tamén Bibliografía World Film Directors, Volume Two, 1945–1985. ed. J. Wakeman. pp 224–227. Nova York: The H.W. Wilson Company, 1988. Ligazóns externas Jack Clayton en Virtual-History

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Actores do Reino Unido Categoría:Nados en Brighton Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1995