miniatura| A Enciclopedia Libre Universal en Español foi unha enciclopedia online, fork da Wikipedia, en lingua castelá. Apareceu a comezos do ano 2002 cando se propuxo que a Wikipedia aceptara anuncios pagados (hai que ter conta que, naquel momento, a Wikipedia dependía dunha empresa privada, Bomis Inc., antecesora da Fundación Wikimedia).

A Enciclopedia estaba hospedada de xeito físico pola Universidade de Sevilla. Nos seus primeiros tempos, a Enciclopedia Libre Universal en Español chegou a ter máis artigos que a versión en lingua española da Wikipedia, pero para maio de 2015 o número de artigos era vinte veces menor que a correspondente Wikipedia en castelán. En 2024 deixou de operar. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Enciclopedia Libre Universal en Español . : "La rebelión contra la publicidad en Wikipedia se gestó en español" Eldiario.es, 20/5/2015 .

Categoría:Wikipedia Categoría:Enciclopedias en liña