miniatura|250px|Larvas en estadios tardíos de P. erumei. Psettodes é un xénero, o único da familia dos psetódidos (Psettodidae) que, á súa vez, é a única da suborde dos psettoideos (Psettodoidei), da orde dos pleuronectiformes.Psettodes Bennett, 1831 no SIIT.

Distribución Comprende tres especies de peixes planos moi primitivos, relativamente grandes, semellantes aos linguados, das que dúas habitan nas augas tropicais do Atlántico leste, ningunha no Mediterráneo ou no Atlántico europeo, e a terceira no Indo-Pacífico.Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2008): "Psettodidae" en FishBase.

Características Estes peixes están considerados como os máis primitivos da orde dos pleuronectiformes. Como todos os representantes destes peixes teñen o corpo asimétrico, con ambos os ollos nun só lado (á esquerda nesta familia), chamado lado ocular, mentres que ao outro lado do corpo é o chamado lado cego. Porén, nesta familia o ollo dereito non migra completamente durante o seu desenvolvemento, xa que se detén no bordo dorsal da cabeza.

Son, por tanto, menos asimétricos que outros peixes planos.Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, pp. 223–224.

A boca é ampla e está equipada con dentes pequenos pero moi numerosos. A aleta dorsal comeza na parte posterior, detrás dos ollos, ao contrario que en case todos os outros peixes planos. A liña lateral é completa e está presente incluso no lado cego.

Alcanzan lonxitudes de 55 a 80 cm.Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Species of Psettodes en FishBase.

O seu nome común en inglés, spiny turbots (rodaballos espiñentos) débese á presenza de espiñas nas aletas dorsal e anais, o que podería indicar unha relación evolutiva cos perciformes.

Especies

As especies actualmente recoñecidas neste xénero son:Psettodes Bennett, 1831 no WoRMS.

Xénero Psettodes Psettodes belcheri Bennett, 1831 - o linguado espiñoso de cola manchada.Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83. Psettodes bennettii Steindachner, 1870 - o linguado espiñoso. Psettodes erumei (Bloch & Schneider, 1801) - o linguado espiñoso do Índico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pleuronectiformes

Ligazóns externas Psettodidae no SIIT. Psettodidae na ADW. Psettodidae no NCBI. Psettodoidei na EOL. Psettodidae na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes