Ante Tomić, nado o 17 de febreiro de 1987 en Dubrovnik, RFS Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB. Mide 2.18 metrosAnte Tomic WEIGHT 118 Kg HEIGHT 218 cm. e xoga na posición de pivote.

Traxectoria Tomić comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Dubrovnik, e no ano 2004 asinou co KK Zagreb. Alí gañou a copa croata en 2008, e foi elixido mellor xogador da Liga Adriática en 2009. En 2008, foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA polos Utah Jazz, pero o seu futuro estaba lonxe da NBA.

En xaneiro de 2010, Tomić fichou por tres tempadas polo Real Madrid. Na súa primeira tempada en Madrid, o croata xogou en 16 partidos da tempada regular Liga ACB, nos que acadou 8 puntos e 5.4 rebotes por encontro. Nos playoffs fixo 9.5 puntos e 5.9 rebotes en oito partidos. Na tempada seguinte, Tomić foi incluído no mellor quinteto da liga, tras facer 10 puntos e 4 rebotes por encontro. Na tempada 2011-12, conseguiu a súa primeira Copa do Rei, despois de que o Real Madrid derrotara na final ó FC Barcelona. Ó remate da tempada, o Real Madrid decidiu non renovar o contrato de Tomić.

O 5 de xullo de 2012, Tomić asinou un contrato de tres tempadas co FC Barcelona, con opción a un máis. Na súa primeira tempada foi incluído no mellor equipo da Euroliga,euroleague.net Euroleague.net 2012-13 All-Euroleague First and Second Teams announced. e no mellor equipo da ACB.acb.com Mejor Quinteto de la Liga Endesa 2012-13 En 2014 foi elixido de novo no mellor quinteto da Euroliga.

O 27 de abril de 2015, asinou un novo contrato de tres anos co Barcelona. En maio de 2015 foi incluído no segundo mellor quinteto da Euroliga, tras facer 11.5 puntos, 7.1 rebotes e 2.3 asistencias en 28 partidos.

O 19 de xullo de 2020, Tomic asinou un contrato de dúas tempadas máis unha opcional co Joventut Badalona da Liga ACB.Ante Tomic, un nuevo crack para el Joventut

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Dubrovnik Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz