A dos cenoléstidos (Caenolestidae) é unha familia de marsupiais ameridelfos que inclúe as únicas especies actuais da orde dos paucituberculados, ademais dalgunhas outras de xéneros dos que só se conservan evidencias fósiles.

Estes raros marsupiais, coñecidos coma sarigüés rato ou sarigüeias rato, poboan numerosos ecosistemas dos Andes, na costa americana do Pacífico.

Características Anatomía Son animais de pequeno tamaño, magros, con agudo e promniente fociño, que pola súa aparencia lembran aos ratos e aos furafollas.

O seu corpo está cuberto por unha mesta pelaxe de cor gris ou parda agrisada.

O cranio é arredondado, co arco cigomático feble e o rostro longo e cónico.

A boca está armada con afiados dentes. A mandíbula inferior presenta dous poderosos primeiros incisivos seguidos doutros de tamaño normal. Na superior, cada grupo de dentes está separado por un curto diastema ou espazo intermandibular.

A marxe do labio superior está interrompida por unha caractaerística prega da pel.

Fórmula dentaria incisivos: 4 dente canino: 1 premolares: 3 molares: 4 3-4 1 3 4

Os ollos son pequeos, redondos, brillantes e escuros.

Están dotados dunha longa cola non prénsil.

Alimentación Aínda que os datos dispoñíbeis acerca das especies que integran a familia son escasos, pénsase que son basicamente insectívoros, aínda que hai constancia de que, axudados polos seus incisivos inferiores, poden matar pequenos mamíferos, como por exemplo crías de roedores, para alimentarse deles.

Taxonomía Primeira descrición Tanto a superfamilia como a fanilia foron descritas en 1898 polo zoólogo francés Édouard Louis Trouessart.Classification of the superfamily Caenolestoidea en Fossilworks, no seu traballo Catalogus mammalium tam viventium quam fossilium. Quinquennale supplementum anno 1904.E. L. Trouessart: Catalogus mammalium tam viventium quam fossilium. Quinquennale supplementum anno 1904 Berolini: R. Friedländer & Sohn, 1904-1905.

Etimoloxía Os nomes científicos Caenolestoidea e Caenolestidaederivan do nome latino do xénero Caenolestes, cos correspondentes sufixos -oidea e -idae, que indican superfamilia e familia, respectivamente.

O termo Caenolestes, pola súa parte, deriva dos termos do grego antigo καινός kainós, "novo", e λῃστής lestés, "ladrón, bandido".

Clasificación Superfamilia Caenolestoidea

Familia Caenolestidae Subfamilia Caenolestinae Xénero Caenolestes Thomas, 1895 - 4 especies Xénero Lestoros Oehser, 1934 - 1 especie Xénero Pseudhalmarhiphus (†) (Ameghino, 1903) Xénero Rhyncholestes Osgood, 1924 - 1 especie Xémero Stilotherium (†) Ameghino, 1887 Subfamilia Pichipilinae (†) Ameghino, 1894 Xénero Pichipilus (†) Ameghino, 1890 Xénero Phonocdromus (†) Ameghino, 1894 Xénero Pliolestes (†) Reig, 1955

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Goin, F. J. & Candela, A. M. (2004): "New Paleogene marsupials from the Amazon Basin of eastern Perú". Science Series, Natural History Museum of Los Angeles County 40: 15–60. Goin, F. J.; Abello M. A. & Chornogubsky, L. (2010): "Middle Tertiary marsupials from Central Patagonia (Early Oligocene of Gran Barranca): Understanding South America’s Grande Coupure". En: Madden R. H.; Carlini, A. A.; Vucetich, M. G. & Kay R. F., eds. The Paleontology of Gran Barranca: Evolution and Environmental Change through the Middle Cenozoic of Patagonia. Cambridge University Press, pp. 69–105. Grzimek, B.; Schlager, N. & Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Oliveira, E. V. & F. J. Goin (2011): "A reassessment of bunodont metatherians from the Paleogene of Itaborai (Brazil): Systematics and the age of the Itaborian" SALMA. Revista Brasileira de Paleontologia 14 (2): 105-136. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference'', 3rd edition. Baltimore: Johns Hopkins University Press ISBN 0-8018-8221-4, pp. 19–20.

Outros artigos Marsupiais Paucituberculados

Ligazóns externas Caenolestidae en ADW. Caenolestidae en Mikko's Phylogeny Archive. Caenolestidae no NCBI. Les Métathériens ou Marsupiaux en Paléopedia.

Categoría:Marsupiais